Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 54914

III. Outras disposicións

Axencia Instituto Enerxético de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

BDNS (Identif.): 593036.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Serán beneficiarios os suxeitos que se enumeran no artigo 3 da convocatoria, en concreto, os seguintes:

1. De conformidade co disposto no artigo 11 das bases reguladoras, os destinatarios últimos das axudas, que terán a cualificación de beneficiarios para os efectos desta convocatoria, son os seguintes:

a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

b) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, que acrediten a posta á disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que tal actividade, no caso de xerar algún rendemento económico, se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de Estado, sen prexuízo da aplicación do resto de disposicións tanto de dereito nacional como da Unión Europea, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de recuperación e resiliencia como do Plan de recuperación, transformación e resiliencia.

c) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, caso en que deberán estar dados de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e as axudas que perciban estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis.

d) Comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administración pública a que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público, cando se poida excluír a existencia de axuda de Estado. Considerarase que se pode excluír a existencia de axuda de Estado cando estas non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estean considerados servizos de interese económico xeneral, ou cando as medidas carezan de impacto sobre o comercio entre Estados membros ao teren un impacto puramente local. Nestes casos, só poderán recibir axudas destinadas á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública. A dita propiedade pública deberá manterse inalterada durante, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión de axuda correspondente.

Segundo. Finalidade

1. A presente resolución ten por obxecto a aprobación da convocatoria de axudas correspondente ás anualidades 2021-2023 para a concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado por la Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

2. Mediante esta resolución convócanse axudas para as seguintes actuacións:

Programa de incentivos 6: realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6, vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M).

Cuarto. Importe

As subvencións previstas nesta convocatoria con cargo aos orzamentos do Inega e coa repartición plurianual recollida na seguinte táboa financiaranse con fondos europeos procedentes do Mecanismo de recuperación e resiliencia. O importe total asignado a esta convocatoria ascende a 5.681.671,00 euros.

Importe 2021 (€)

Importe 2022 (€)

Importe 2023 (€)

Importe 2024 (€)

Total

413.775,00

2.922.938,00

2.110.462,20

234.495,80

5.681.671,00

O orzamento por partida e anualidade redistribuirase tendo en conta as solicitudes rexistradas conforme o establecido no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, entre as seguintes partidas: 06.A3.733A.714.2, 06.A3.733A.760.5, 06.A3.733A.760.9, 06.03.733A.770.5, 06.03.733A.770.6, 06.A3.733A.780.1, 06.A3.733A.780.2, 06.A3.733A.780.3, 06.A3.733A.781.1 e 06.A3.733A.781.6.

2. O crédito máximo segundo a tipoloxía de programa e compoñente será o seguinte:

Estrutura por programa:

Tecnoloxía renovable térmica

Orzamento

Biomasa

100.000,00

Xeotermia e hidrotermia

2.400.000,00

Aerotermia

3.100.000,00

Solar térmica

81.671,00

Non obstante, poderán ser redistribuídos os orzamentos entre as distintas tecnoloxías renovables pasados tres meses desde a apertura do prazo de solicitudes para adaptarse á evolución da axuda solicitada en cada unha das epígrafes.

Durante os dous meses seguintes á finalización da vixencia da convocatoria, poderá redistribuírse o orzamento nos termos recollidos no artigo 10.12 das bases reguladoras, polo que poderán tamén incorporarse, se é o caso, os remanentes correspondentes ao orzamento que non se puidese destinar ao financiamento de investimentos directos pola Comunidade Autónoma.

3. A concesión das axudas estará supeditada ao efectivo financiamento por parte do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico no marco dos programas de incentivos vencellados ao autoconsumo e ao almacenamento no sector residencial, as administracións públicas e o terceiro sector.

Quinto. Contía da axuda

Os custos subvencionables máximos, custos de referencia e contía das axudas para cada unha das actuacións veñen establecidos no anexo III do Real decreto 477/2021, do 29 de xuño, polo que regula o Programa de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento con fondos de enerxías renovables, así como á implantación de sistemas térmicos renovables, publicado no BOE núm. 155, do 30 de xuño de 2021.

En ningún caso poderán superarse os límites de intensidade de axuda establecidos no artigo 41 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014.

Sexto. Prazo de presentación de solicitudes de adhesión (IN422L) e de solicitudes de axuda (IN422M)

1. O prazo de presentación de solicitudes de adhesión das entidades colaboradoras comezará o día hábil seguinte ao da publicación no DOG da presente convocatoria e finalizará cando remate a vixencia dos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamento, con fontes de enerxías renovables en Galicia, o cal sucederá, segundo o recollido no artigo 4 do Real decreto 477/2021, o 31 de decembro de 2023.

2. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará, segundo a tipoloxía do proxecto, nas seguintes datas:

− Xeotermia e hidrotermia: o 15 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

− Aerotermia: o 16 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

− Biomasa e solar térmica: o 17 de decembro de 2021, ás 9.00 horas.

Sétimo. Prazos de execución e xustificación das actuacións

O prazo máximo de execución e xustificación das actuacións será de 18 meses contados desde a data de notificación da resolución de concesión.

Este prazo poderase ampliar de conformidade co previsto no artigo 70 do Regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2021

Paula María Uría Traba
Directora da Axencia Instituto Enerxético de Galicia