Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55008

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria dos expedientes de reposición da legalidade urbanística 107 B 2005/73 e 107 B 2008/60.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 22 de xullo de 2021, ditou resolución pola que se dispón, en cumprimento da executoria número 282/2019 de data 1 de febreiro de 2021, ditada polo Xulgado do Penal número 5 da Coruña, a execución subsidiaria, a custa dos penados, da orde de demolición e reposición dos terreos ao estado anterior, recollida no fallo da sentenza número 201/2017 do Xulgado do Penal número 5 da Coruña, ditada no xuízo oral 388/2015.

Ao non poder realizar a notificación persoal desta resolución aos herdeiros das persoas titulares dos DNI 32153009K e 00047759B e ás empresas titulares dos CIF B87488805 e B15729064, mediante este anuncio, e ao amparo do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica está ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Indicáselles ás persoas interesadas que contra este acordo non cabe ningún recurso, ao tratarse dun acto ditado en cumprimento da dita executoria.

Para que conste, e lles sirva de notificación ás persoas interesadas en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística