Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 215 Martes, 9 de novembro de 2021 Páx. 55007

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

ANUNCIO do 21 de outubro de 2021 polo que se notifica o acordo de execución subsidiaria dos expedientes de reposición da legalidade urbanística 107 B 2005/73 e 107 B 2008/60.

O director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 22 de xullo de 2021, ditou resolución pola que se dispón, en cumprimento da executoria número 282/2019, do 1 de febreiro de 2021, ditada polo Xulgado do Penal número 5 da Coruña, a execución subsidiaria, por conta dos penados, da orde de demolición e reposición dos terreos ao estado anterior, recollida no ditame da Sentenza número 201/2017 do Xulgado do Penal número 5 da Coruña, ditada no xuízo oral 388/2015.

Ao non poderse realizar a notificación persoal desta resolución ao titular catastral da parcela coa referencia catastral 15031A012002090000OJ, por figurar esta en investigación segundo se reflicte na certificación catastral descritiva e gráfica, mediante este anuncio e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas interesadas a devandita resolución por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, fáiselles saber ás persoas interesadas que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Indícaselles ás persoas interesadas que contra este acordo non cabe ningún recurso, ao tratarse dun acto ditado en cumprimento da dita executoria.

Para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino este anuncio.

Santiago de Compostela, 21 de outubro de 2021

Jacobo Hortas García
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística