Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Mércores, 10 de novembro de 2021 Páx. 55401

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 29 de outubro de 2021, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade xustifícase polas razóns indicadas no apartado primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da Consellería de Sanidade e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación correspondente da Comunidade Autónoma e tratada na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 29 de outubro de 2021, adoptou o seguinte,

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia aos efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 29 de outubro de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file