Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55667

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019, pola que se fan públicas as cualificacións obtidas polos aspirantes no segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o 27 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de maio de 2021 (DOG núm. 91, do 18 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, convocado pola Orde do 22 de abril de 2019 (DOG núm. 80, do 26 de abril),

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de estatísticos/as, así como a relación das que non acadaron os mínimos establecidos na base II.1.2 da convocatoria. Segundo os criterios de corrección, valoración e superación publicados, o exercicio cualificarase de 0 a 100 puntos e para superalo será necesario obter un mínimo de cincuenta (50) puntos. As puntuacións acadadas constan no anexo I.

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.8 da convocatoria, as puntuacións obtidas polas persoas aspirantes publicaranse no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal. Concederase un prazo de dez (10) días hábiles para os efectos de alegacións, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación no DOG da resolución do tribunal pola que se fan públicas as puntuacións do correspondente exercicio.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Cuarto. Segundo a base II.1.4 da convocatoria, as persoas aspirantes que superaron o segundo exercicio e para os efectos de estar exentas de realizar o cuarto exercicio, disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, para acreditar que posuían, antes do día de finalización do prazo disposto na base I.2 da convocatoria, o Celga 4 ou equivalente debidamente homologado, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

Santiago de Compostela, 27 de outubro de 2021

Manuel Mateo Díaz
Presidente do tribunal

ANEXO I

Cualificacións da segunda proba do proceso selectivo. Estatísticos/as, grupo A2

DNI

Apelidos e nome

Suposto 1

Suposto 2

Suposto 3

Nota

***5608**

Piñeiro Peón, Marta

86

95

100

93,67

***6706**

López Pereira, Raquel

58

95

97

83,34

***8585**

López del Olmo, Beatriz

51

100

89,5

80,17

***9439**

Piñeiro Guillén, Paula

50

100

78,75

76,25

***6287**

Guerra Fernández, Montserrat

71

77,5

74,5

74,34

***2885**

Lado González, Ignacio

38

100

82,85

73,62

***6080**

Soubrier Benavides, Jordán

54

97,5

43,75

65,09

***6322**

Ares Sánchez, María Ángeles

35

75

80

63,34

***9273**

López Neira, Ángel

20

80

89,5

63,17

***0761**

Viqueira Miranda, María del Pilar

6

80

66

50,67

***5677**

Suárez Mouzo, Modesto

8

45

66

39,67

***1649**

Dopico Rodríguez, Antón

7

45

59,75

37,25

***6625**

Clemente Siota, María Nieves

16

35

43,25

31,42