Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 217 Xoves, 11 de novembro de 2021 Páx. 55663

III. Outras disposicións

Consellería de Emprego e Igualdade

RESOLUCIÓN do 3 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2021 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (Diario Oficial de Galicia número 137, do 20 de xullo).

En cumprimento do disposto no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 6 de xullo de 2021, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para programas de deseño e implementación de itinerarios personalizados e accións específicas que favorezan a inserción sociolaboral de mulleres en situación de violencia de xénero na Comunidade Autónoma de Galicia, e se procede á súa convocatoria para os anos 2021 e 2022 (DOG núm. 137, do 20 de xullo), que se indican no anexo, cun importe total concedido de 659.081,66 euros, con cargo á aplicación 05.11.313D.481.2 (código de proxecto 2018 000112), de acordo coa seguinte distribución:

Ano 2021: 163.625,96 euros.

Ano 2022: 495.455,70 euros.

A dita partida orzamentaria finánciase con fondos finalistas do Estado, que os orzamentos xerais do Estado destinan ao desenvolvemento ou ampliación das medidas recollidas no Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2021

Susana López Abella
Secretaria xeral da Igualdade

ANEXO

Expediente

Entidad

NIF

Concesión
1º período (2021)

Concesión
2º período (2022)

SI451A-2021-01-00

Asociación CIMO Entidad prestadora de servicios

G32010449

3.014,88 €

24.059,11 €

SI451A-2021-03-00

Asociación Alar Galicia para proxectos globais de inserción e integración sociolaborais

G15775901

17.048,99 €

52.500,00 €

SI451A-2021-04-00

Fundación CIP

G15849318

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A-2021-05-00

Fundación Nortempo

G70009949

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A-2021-06-00

Asociación de Empresarios de Mos

G36223543

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A-2021-10-00

Apetamcor-Asociación Empresarial de Transporte de Mercancías por Carretera

G32026056

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A-2021-11-00

Asociación Amicos

G15747678

13.562,09 €

33.238,29 €

SI451A-2021-12-00

Fundación ImpulsaRSE para el desarrollo del empleo y la integración social

G27866763

17.500,00 €

52.500,00 €

SI451A-2021-14-00

Ecos do Sur

G15354483

20.000,00 €

60.000,00 €

SI451A-2021-15-00

AXEL- Asociación de Xóvenes Emprendedores Lucenses

G27305218

17.500,00 €

48.158,30 €

Total

163.625,96 €

495.455,70 €