Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Venres, 12 de novembro de 2021 Páx. 55835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 19 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de traballo social, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

NIF

Apelidos e nome

Cualificación 2º exercicio

***7293**

Álvarez del Campo, Seila

Non apto

***3331**

Basalo Afonso, Benigno

Apto

***5884**

Bayle Gómez, María del Carmen

Non apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 2021

Luis Miguel Vázquez Carreira
Presidente do tribunal