Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Martes, 16 de novembro de 2021 Páx. 56398

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 409/2021, interposto contra a Resolución do 24 de maio de 2021 pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu un oficio da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sección Primeira) polo que solicita o expediente administrativo relativo ao recurso contencioso-administrativo 409/2021, interposto pola Asociación Hablamos Español contra a Resolución do 24 de maio de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia, pola que se convocan as probas de aptitude para a obtención do título de xestor administrativo (DOG núm. 101, do 1 de xuño).

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta secretaría xeral técnica remitiu o correspondente expediente administrativo ao referido tribunal, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas, para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo