Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56543

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de outubro de 2021 pola que se modifica a Orde do 23 de agosto de 1989 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Pouso I.

Visto o expediente instruído para os efectos da transmisión da concesión administrativa e da Pouso I, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. O 28 de febreiro de 1986, emitiuse autorización previa de transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Pouso I a favor de Rafael Pouso Davila, de acordo co establecido no artigo 13 da Lei 15/1985, do 23 de outubro (DOG nº 236).

Segundo. O 12 de maio de 1986, outórgase escritura pública de compra venda en que consta como único comprador o solicitante, publicándose a orde de cambio de dominio no DOG nº 186, do 27 de setembro de 1989.

Terceiro. O 23 de xullo de 2021, presenta solicitude de transmisión inter vivos a favor de María de los Ángeles Rodríguez Frutos.

Cuarto. O interesado manifesta, con posterioridade, que non pode levar a cabo a transmisión inter vivos a favor de María de los Ángeles Rodríguez Frutos xa que é titular con carácter ganancial da batea e da concesión administrativa que pretendía transmitir.

Quinto. Unha vez feitas as comprobacións oportunas nos arquivos da Consellería e á vista da copia do libro de familia achegado, verifícase que Rafael Pouso Davila e María de los Ángeles Rodríguez Frutos contraeron matrimonio entre a data da autorización de transmisión previa do 26 de febreiro de 1986 e a compra venda do ben feita o 12 de maio de 1986.

Sexto. O 28 de setembro de 2021, o interesado achega acta notarial de manifestacións en que se indica que contraeron matrimonio o 5 de abril de 1986 e que o 12 de maio de 1986 Rafael Pouso Davila adquiriu o viveiro de cultivo de mexillón Pouso I, facendo constar por erro que estaba solteiro e tendo neste caso o ben carácter ganancial.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente consonte a Lei 11/2008, do 3 de decembro de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e a Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Por todo o anterior, resolvo:

Modificar a Orde do 23 de agosto de 1989 (DOG nº 186, do 27 de setembro), quedando a titularidade do seguinte xeito:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Pouso I.

Ubicación:

Cuadrícula nº: 38.

Polígono: B.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión de actividad.

Orde de outorgamento: 8.11.1974.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actual titular: Rafael Pouso Davila (***3088**).

Novos titulares: Rafael Pouso Davila (***3088**) e María de los Ángeles Rodríguez Frutos (***5026**).

Os novos titulares da concesión quedan subrogados nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 25 de outubro de 2021

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
María José Cancelo Baquero
Xefa territorial da Coruña