De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), esta dirección xeral
RESOLVE:
Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, polas quendas de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas.
A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal
A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.
As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.
As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.
Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
Anexo
Relación de persoas aspirantes excluídas
Acceso xeral.
Apelidos e nome |
DNI |
Motivo da exclusión |
Calvo Malvar, Rodrigo Julián |
***9945** |
86 |
Canosa Bastos, Ricardo José |
***6374** |
83 |
De la Calzada Sanjurjo, Tomás |
***8762** |
86 |
Cód. |
Causa da exclusión |
83 |
Non cumpre a condición de familia numerosa xeral |
86 |
Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses anteriores á convocatoria |