Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56483

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 5 de novembro de 2021, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

De conformidade co establecido no artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e na base I.4 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Resolución do 31 de maio de 2021 (DOG núm. 115, do 18 de xuño), esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

A listaxe de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

As persoas aspirantes excluídas, así como aquelas persoas que non figuren en ningunha das listaxes, disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para reclamar ou emendar o defecto que motivou a exclusión.

As persoas aspirantes que dentro do prazo sinalado non emenden os defectos que motivaron a súa exclusión serán definitivamente excluídas.

Santiago de Compostela, 5 de novembro de 2021

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

Anexo

Relación de persoas aspirantes excluídas

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Briones Vigo, Cristina

***9284**

87

Calvo Malvar, Rodrigo Julián

***9945**

86

Canosa Bastos, Ricardo José

***6374**

83

García Vázquez, Marta

***6909**

86

Otero Pazos, María

***1412**

83

Quijada Veiga, Ángel

***8386**

87

Vizcaíno Alcalde, Silvia

***4974**

86

Cód.

Causa da exclusión

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses anteriores á convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego