Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 221 Mércores, 17 de novembro de 2021 Páx. 56485

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021, do tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo de ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior, escala de ciencias, na especialidade de bioloxía, de Administración especial da Administración xeneral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A1), convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia número 227, do 28 de novembro).

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición a persoa aspirante que a continuación se relaciona, que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditou estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro) pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

NIF

Rodríguez Yáñez, Carlos

****5246**

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.2.2.6 da convocatoria, este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar no Seminario A da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña) o día 24 de novembro de 2021 en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

A persoa aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento de que se poida valer a persoa aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021

José Emilio Oti Cabanelas
Presidente do tribunal