Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56621

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se fai pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores.

O Decreto 143/2001, do 14 de outubro, polo que se modifica o Decreto 279/2008, do 11 de decembro, modificado polo Decreto 395/2009, do 8 de outubro, polo que se crea e se regula o Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, establece no seu artigo único a composición deste órgano.

En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único

1. Facer pública a composición do Consello Galego de Ensinanzas Artísticas Superiores, coa seguinte relación de persoas:

a) Presidencia: Román Rodríguez González, conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

b) Vicepresidencia: José Luis Mira Lema, secretario xeral de Educación e Formación Profesional.

c) José Alberto Díez de Castro, secretario xeral de Universidades.

d) Anxo Manuel Lorenzo Suárez, secretario xeral de Cultura.

e) Susana López Abella, secretaria xeral de Igualdade.

f) Manuel Quintana Martelo, persoa de recoñecido prestixio designada polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade.

g) Personalidades de recoñecido prestixio do ámbito das artes, nomeadas polo conselleiro de Cultura, Educación e Universidade:

– Manuel González Arias.

– Francisco Javier Núñez Alonso.

– Rodrigo Porral Mato.

– Olga Cristina Ruiz López.

– Maximino Zumalave Caneda.

h) Isabel Aguirre de Úrcola, nomeada polo Parlamento de Galicia, persoa de recoñecido prestixio no ámbito das ensinanzas artísticas.

2. Secretario ou secretaria.

Actuará como secretario ou secretaria, con voz pero sen voto, un funcionario ou unha funcionaria da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Disposición derradeira única

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade