Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 222 Xoves, 18 de novembro de 2021 Páx. 56626

III. Outras disposicións

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 10 de novembro de 2021 pola que se publica a oferta complementaria de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021.

De acordo co disposto no artigo 43 dos estatutos da Universidade de Santiago de Compostela (Decreto 14/2014, do 30 de xaneiro; DOG núm. 29, do 12 de febreiro de 2014; BOE núm. 50, do 27 de febreiro de 2014), a Universidade aprobará anualmente a súa oferta de emprego público.

A Universidade de Santiago de Compostela publicou a oferta de emprego público do persoal de administración e servizos para o ano 2021 pola Resolución do 17 de agosto de 2021 (DOG do 25 de agosto), logo da súa negociación coas organizacións sindicais, da aprobación polo Consello de Goberno e da preceptiva autorización da Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda.

O Real decreto lei 14/2021, do 6 de xullo, de medidas urxentes para a redución da temporalidade no emprego público, autorizou unha taxa adicional para a estabilización de emprego temporal que inclúe as prazas de natureza estrutural que, estando dotadas orzamentariamente, estiveron ocupadas de forma temporal e ininterrompidamente polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020.

Do mesmo xeito, a disposición adicional terceira establece que as vacantes ocupadas con persoal interino se incluirán obrigatoriamente na oferta de emprego público do exercicio en que se nomeou este persoal e, se non é posible, na oferta do ano seguinte.

A Universidade dispón de prazas dotadas orzamentariamente que se atopan nas situacións descritas nos dous parágrafos anteriores.

De conformidade con todo o exposto, e logo da negociación e acordo coas organizacións sindicais presentes na Mesa xeral de persoal de administración e servizos, o día 8 de outubro; do Acordo do Consello de Goberno, do 29 de outubro de 2021, polo que se aproba a oferta complementaria de estabilización; emitida a preceptiva autorización pola Dirección Xeral de Planificación e Orzamentos da Consellería de Facenda con data do 9 de novembro, o xerente da Universidade de Santiago de Compostela, en virtude do previsto no punto décimo sexto D.6) da Resolución do 30 de abril de 2020 sobre delegación de competencias en determinados órganos universitarios, publicada no DOG núm. 90, do 11 de maio,

RESOLVE:

Primeiro. Publicación da oferta complementaria de emprego público

Publicar a oferta complementaria de emprego público do persoal de administración e servizos da USC para o ano 2021, recollida nos anexos desta resolución.

Segundo. Determinación da oferta de emprego público

O anexo I recolle as prazas obxecto de oferta adicional de estabilización.

O anexo II, as prazas que se ofertan para cubrir as necesidades de recursos humanos, con asignación orzamentaria, que foron provistas por persoal funcionario interino.

Estas prazas están distribuídas por corpos e escalas de persoal funcionario e por categorías de persoal laboral, segundo constan na relación de postos de traballo aprobada polo Consello de Goberno para dar cumprimento ao establecido no artigo 38 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia.

Os procesos selectivos que se convoquen para esta oferta de prazas establecerán o sistema de concurso-oposición e deberán garantir, en todo caso, a aplicación dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade, así como respectar a libre concorrencia.

Terceiro. Reserva de prazas para discapacidade

O artigo 59 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, e o artigo 48 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, prevé a reserva dunha cota non inferior ao sete por cento das vacantes ofertadas para ser cubertas por persoas con discapacidade, considerando como tales as definidas no número 2 do artigo 4 do texto refundido da Lei xeral de dereitos das persoas con discapacidade e da súa inclusión social, aprobado polo Real decreto lexislativo 1/2013, do 29 de novembro, sempre que superen os procesos selectivos e acrediten a súa discapacidade, así como a compatibilidade no desempeño das súas funcións.

Para dar cumprimento ao establecido no punto anterior, nas ofertas para acceso libre resérvase unha porcentaxe do 7 % para ser cuberta por persoas que acrediten discapacidade. A reserva realízase naquelas escalas e categorías en que as actividades ou funcións que se realicen sexan compatibles, en maior medida, coa posible existencia dunha discapacidade.

Os sistemas de selección que se convoquen para persoas con discapacidade desenvolveranse de conformidade co establecido no Real decreto 2271/2004, do 3 de decembro, polo que se regula o acceso ao emprego público e a provisión de postos de traballo das persoas con discapacidade.

Nas probas selectivas, incluíndo os cursos selectivos ou o período de prácticas, estableceranse para as persoas con discapacidade que o soliciten as adaptacións e os axustes razoables necesarios de tempo e medios para a súa realización, de acordo co disposto na Orde PRE/1822/2006, do 9 de xuño, pola que se establecen criterios xerais para a adaptación de tempos adicionais nos procesos selectivos para o acceso ao emprego público de persoas con discapacidade.

No suposto de que algunha das persoas aspirantes con discapacidade que se presentase pola cota de reserva superase os exercicios e non obtivese praza na citada cota, sendo a súa puntuación superior á obtida polas outras persoas aspirantes do sistema de acceso xeral, será incluída pola súa orde de puntuación no sistema de acceso xeral.

As prazas reservadas para as persoas con discapacidade xeral que quedasen desertas nos procesos selectivos poderanse acumular á quenda xeral.

Cuarto. Acumulación de prazas correspondentes a ofertas de anos anteriores

Poderán convocarse nun único proceso selectivo as prazas ofertadas de persoal funcionario correspondentes aos corpos e escalas de persoal funcionario e ás categorías de persoal laboral relacionadas nos anexos da presente oferta xunto coas derivadas das ofertas de emprego público correspondentes aos anos 2018, 2019 e 2020 que estean pendentes de convocar.

Quinto. Publicidade das convocatorias

As convocatorias das probas selectivas de acceso libre derivadas desta oferta publicaranse no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado para garantir a publicidade exixida no artigo 75.2 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO I

Oferta adicional de estabilización

Subgrupo/

grupo

Escala/categoría

Acceso libre

Total

Reserva persoas con discapacidade

Libre

C1

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

-

3

3

I

Técnico superior información

-

1

1

III

Técnico especialista de investigación, especialidade química

-

1

1

III

Técnico especialista escola infantil

-

1

1

III

Técnico especialista medios audiovisuais

-

1

1

IV.1

Auxiliar técnico de servizos

1

9

10

IV.1

Especialista de oficios (xardineiro/a)

-

2

2

Total

1

18

19

ANEXO II

Oferta xeral

Subgrupo/grupo

Escala/categoría

Acceso libre

Total

Reserva persoas con discapacidade

Libre

C1

Escala auxiliar de arquivos, bibliotecas e museos

1

-

1

C2

Escala auxiliar

-

1

1

I

Técnico superior de linguas modernas (lingua francesa)

-

1

1

II

Arquitecto/a técnico/a

-

1

1

III

Técnico/a especialista escola infantil

-

1

1

III

Técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde

-

1

1

III

Técnico/a de investigación, área electrónica-mecánica

-

1

1

IV.1

Auxiliar técnico/a de servizos

-

2

2

IV.1

Cociñeiro/a

-

1

1

Total

1

9

10