Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56845

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019.

En sesión que tivo lugar o día 8 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, de 14 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Que examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre as listas de puntuacións publicadas pola Resolución do 9 de xuño de 2021 (DOG núm. 125, do 2 de xullo) e feita unha nova corrección respecto aos aspirantes, dez ven incrementada a súa puntuación e dous diminúena, non afectando o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que viron modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia, funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. Visto o escrito do Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública do 20 de setembro de 2021, onde se comunica que todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio acreditaron, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, debidamente homologado, decláranse todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio exentas de realizar o segundo exercicio do proceso selectivo.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

Felipe García Calvo
Presidente do tribunal