Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 223 Venres, 19 de novembro de 2021 Páx. 56752

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Universidade

ORDE do 9 de novembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria da Orde do 26 de xullo de 2021 pola que se convocan axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Mediante a Orde do 26 de xullo de 2021 (DOG do 9 de agosto) publicouse a convocatoria de axudas dirixidas a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Tras valorar a comisión as solicitudes e a documentación presentadas e elevada a proposta definitiva de concesión destas axudas, segundo prevén os puntos noveno e décimo da orde de convocatoria, e en virtude das atribucións que ten conferidas a Consellería de Cultura, Educación e Universidade,

DISPOÑO:

Primeiro. Concederlles as axudas, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de asociacións ou fundacións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I desta orde. Así mesmo, desestímanse as solicitudes presentadas polas asociacións ou fundacións que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Segundo. O pagamento da subvención realizarase unha vez que o órgano concedente comprobe a xustificación presentada polo/a beneficiario/a da realización da actividade subvencionada. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención poderá dar lugar á modificación desta resolución de concesión.

Terceiro. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a persoa titular da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, segundo o disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben presentar directamente recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 2021

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade
P.D. (Orde do 9.2.2021)
Manuel Vila López
Secretario xeral técnico da Consellería
de Cultura, Educación e Universidade

ANEXO I

Concello

Código do centro

Escola de música

Importe

Agolada

36025074

EMUSPR de Agolada

3.608,95 €

Antas de Ulla

27016561

EMUSPR de Antas de Ulla

2.833,20 €

Barro

36025086

EMUSPR de Barro

1.382,87 €

Cambre

15032856

EMUSPR Sementeira de Cambre

6.239,78 €

Celanova

32020859

EMUSPR EMBC

4.823,18 €

Chantada

27020975

EMUSPR Casa da Música de Chantada

7.150,45 €

Coruña, A

15032947

EMUSPR Compañía de María

7.386,55 €

Gondomar

36024896

EMUSPR Agrupación Musical de Vincios

4.823,18 €

Lalín

36019967

EMUSPR Banda de Lalín

4.587,08 €

Lalín

36025025

EMUSPR Escola de Música de Vilatuxe

3.676,41 €

Mos

36024501

EMUSPR de Mos

13.558,87 €

Neves, As

36024321

EMUSPR Popular de Rubiós

2.833,20 €

Ponteareas

36024021

EMUSPR de Xinzo

6.981,81 €

Pontevedra

36024033

EMUSPR A Tempo

4.384,71 €

Pontevedra

36024732

EMUSPR de Salcedo

5.632,66 €

Redondela

36024941

EMUSPR de Chapela

6.711,98 €

Rianxo

15033083

EMUSPR de Rianxo

7.184,18 €

Ribadavia

32020847

EMUSPR Mestre Veneroni

3.136,75 €

Rosal, O

36000843

EMUSPR Agrupación Musical do Rosal

7.251,63 €

Salceda de Caselas

36020222

EMUSPR Asociación Amigos da Música

6.880,62 €

Santiso

15027824

EMUSPR de Visantoña

2.327,27 €

Soutomaior

36024549

EMUSPR Artística de Arcade

4.384,71 €

Teo

15027769

EMUSPR de Calo-Teo

1.180,50 €

Vigo

36000867

EMUSPR Atlántida

8.769,42 €

Vigo

36019943

EMUSPR de Beade

5.126,74 €

Vigo

36024379

EMUSPR Unión Musical de Coruxo

3.676,41 €

Vigo

36024744

EMUSPR de Valadares

5.126,74 €

Vigo

36025116

EMUSPR Escola de Música Ateneo Musical de Bembrive

5.531,48 €

Vilaboa

36024999

EMUSPR de Vilaboa

6.037,41 €

Vilanova de Arousa

36024719

EMUSPR de Vilanova

5.093,01 €

Xinzo de Limia

32020902

EMUSPR da Limia

6.678,25 €

Total

165.000,00 €

ANEXO II

Concello

Asociación ou fundación

Causa de denegación

Cangas

Asociación Cultural Xuvenil Staccato

Non axustarse ao establecido no artigo 2.1 da convocatoria

Cedeira

Escola de Música Vila de Cedeira

Irixo, O

Asociación de Gaiteiros do Irixo

Oza-Cesuras

Asociación Músico-Cultural Instructiva de Oza-Cesuras

Poio

Asociación Cultural Escola de Música de Poio

Silleda

Asociación Cultural Banda de Música de Silleda

Trazo

Asociación Cultural Os Xeitosos de Trazo

Vilalba

Asociación Cultural Andrade

Vilalba

Asociación Cultural en Movemento