Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57146

IV. Oposicións e concursos

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2021 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xuño de 2020 (Diario Oficial de Galicia número 148, do 24 de xullo).

Unha vez presentada a renuncia dun vogal titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2), convocado polo Acordo da Comisión de Goberno do 13 de xuño de 2020 (DOG núm. 148, do 24 de xullo), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, a Comisión de Goberno desta institución

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Arturo López Iglesias como presidente suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo de consolidación de emprego temporal para o acceso a postos de auxiliar administrativo (subgrupo C2).

Segundo. Nomear no seu lugar, como presidente suplente do devandito tribunal, a Andrés Alonso García, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas, subgrupo A1.

Santiago de Compostela, 16 de novembro de 2021

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior