Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 224 Luns, 22 de novembro de 2021 Páx. 57144

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesións que tiveron lugar o 22 de outubro e o 12 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2018 (DOG núm. 82, do 27 de abril) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, en execución da sentenza 138/2021, ditada o 10 de marzo de 2021 polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no procedemento PO 237/2019, adoptou os seguintes

ACORDOS:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.3 da convocatoria, a superación do terceiro exercicio do proceso selectivo do aspirante Ramón Madriñán Siso, ao obter unha puntuación de 16,0649 puntos, tal e como consta na acta número 13 da sesión do tribunal do 12.3.2019, superior á mínima requirida, que era de dez (10) puntos.

De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, o aspirante poderá presentar as alegacións que consideren oportunas con relación á puntuación no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Segundo. Declarar exento de realizar o cuarto exercicio o aspirante Ramón Madriñán Siso por acreditar estar en posesión do Celga 4 ou equivalente, de acordo co establecido nas bases da convocatoria.

Terceiro. A superación do proceso selectivo do aspirante Ramón Madriñán Siso.

Cuarto. Publicar, como anexo a esta resolución, a nova relación de aspirantes que superaron o proceso selectivo, por orde das puntuacións obtidas e con indicación do seu documento nacional de identidade.

De conformidade coas bases IV.2 e IV.3 da convocatoria, Ramón Madriñán Siso disporá dun prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación no DOG desta resolución, para presentar a documentación prevista nas citadas bases.

Quinto. Elevar esta relación para os efectos de que Ramón Madriñán Siso sexa proposto para o seu nomeamento como persoal funcionario de carreira.

Sexto. De acordo co disposto na base III.13 da convocatoria, contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada perante o conselleiro competente en materia de función pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 12 de novembro de 2021

Blanca Nieves Miranda Blanco
Presidenta do tribunal

ANEXO

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

exercicio

exercicio

exercicio

exercicio

Total

1

***1739**

Fernández Abalde, Félix

16,87

13,6000

15,8658

Exento

46,3358

2

***9651**

Conde Bruces, María

15,20

16,1500

13,8633

Exenta

45,2133

3

***8328**

Madriñán Siso, Ramón

16,87

11,5133

16,0649

Exento

44,4482

4

***8034**

Becerra Arrojo, Alberto

13,54

18,0167

12,6338

Exento

44,1905

4

***9633**

Nieto Merino, Álvaro

15,62

15,7417

12,5417

Exento

43,9034

6

***5972**

Martín Madroño, David

17,50

14,5167

11,7494

Apto

43,7661

7

***1942**

Álvarez Fraguas, Roberto

16,45

13,1000

12,5300

Exento

42,0800

8

***6286**

Vilariño Alonso, Zoila

13,12

16,3167

12,2835

Exenta

41,7202