Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57512

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 10 de novembro de 2021 polo que se notifican os acordos de incoación de expedientes sancionadores por incumprimento das medidas de prevención e contención en materia sanitaria do Concello de Cambre (expediente SCOVID/CAMBRE/0160 e dezaoito máis).

O Concello de Cambre acordou a incoación dos expedientes sancionadores SCOVID/CAMBRE/0160 e dezaoito máis por vulneración da normativa sanitaria.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación do inicio do procedemento sancionador en materia sanitaria ás persoas interesadas que figuran no anexo efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia.

Dado que neste acto non se publica na súa integridade a notificación referida, de conformidade co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o texto íntegro do acto que se notifica está á disposición das persoas interesadas, xunto co resto do expediente, no prazo máximo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas municipais do Concello de Cambe, situadas na rúa Adro, 1, Cambre, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. Advírteselles ás persoas interesadas que, de non compareceren no referido prazo, a notificación se entenderá producida, para todos os efectos, o día seguinte ao do vencemento do prazo.

As persoas interesadas dispoñen do prazo indicado no parágrafo anterior para achegaren ante a persoa instrutora do expediente, cantas alegacións, documentos ou informacións xulguen convenientes e, de ser o caso, propoñeren proba concretando os medios de que pretendan valerse, de conformidade co artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. De non efectuaren alegacións no referido prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución.

De conformidade co disposto nos artigos 85 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e 44.bis.5 da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia, as persoas interesadas son informadas de que a sanción que se indica no acordo de incoación poderá estar suxeita ás seguintes reducións: o 25 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade ou de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento, ou o 50 % no caso de recoñecemento da súa responsabilidade e de pagamento voluntario da sanción antes da resolución do procedemento. A efectividade de calquera destas reducións estará condicionada á desistencia ou renuncia de calquera acción ou recurso na vía administrativa contra a sanción.

Este anuncio realízase ao abeiro do establecido no Convenio asinado o 27 de novembro de 2020 entre a Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para articular a encomenda de xestión á Xunta de Galicia para a realización de actuacións auxiliares e de colaboración material na tramitación dos procedementos sancionadores competencia dos concellos de Galicia, en relación co incumprimento das medidas de prevención aprobadas para a loita contra a COVID-19.

Santiago de Compostela, 10 de novembro de 2021

Elena Prado Veiga
Funcionaria da unidade tramitadora

ANEXO

Número de expediente

DNI/CIF

persoa interesada

Infracción imputada

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

SCOVID/CAMBRE/0160

47350613F

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011,
do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0165

32827274H

SCOVID/CAMBRE/0183

54131540M

Prohibición do consumo de bebidas alcohólicas na vía pública, parques e prazas públicas e noutros lugares de tránsito público, mediante a actividade coñecida habitualmente como «botellón», polos riscos que presenta para a saúde pública, relacionados coa aglomeración incontrolada de persoas (…)

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

SCOVID/CAMBRE/0189

20624189C

SCOVID/CAMBRE/0191

Y0705234E

SCOVID/CAMBRE/0198

32834439F

Non utilizar a máscara obrigatoria nos termos establecidos na normativa vixente e non atoparse, de forma xustificada, en ningunha das excepcións á devandita obriga

Artigo 57.2.c.1º) da Lei 33/2011,
do 4 de outubro, xeral de saúde

Artigo 58.1.c) da Lei 33/2011

Artigo 31.2 do Real decreto lei 21/2020

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0205

32768991V

SCOVID/CAMBRE/0206

76713105L

Incumprimento das normas emitidas polas autoridades sanitarias da Comunidade Autónoma de Galicia polas que se establecen medidas que hai que cumprir nos establecementos e locais abertos ao público

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

200 euros

SCOVID/CAMBRE/0211

00139355K

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0222

Y0428737P

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0231

47403045E

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0233

49206098J

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0234

Y0254785M

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0249

49330457B

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0251

49474329H

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0253

54129652A

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0257

Y3207956E

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0296

54158959P

Incumprimento da limitación de permanencia de grupos de persoas non conviventes en espazos de uso público ou privado

Artigo 41.g) da Lei 8/2008,
do 10 de xullo, de saúde de Galicia

Artigos 44.1 e 44.2 da Lei 8/2008

100 euros

SCOVID/CAMBRE/0298

54128591T