Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 226 Mércores, 24 de novembro de 2021 Páx. 57511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO 4117/2021, interposto contra a Orde do 29 de xuño de 2021 pola que se aproban os estatutos do Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo.

A Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo recibiu oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Contencioso-Administrativo Sección Segunda, no que se require a remisión do expediente administrativo e se ordena o emprazamento aos interesados en relación co recurso contencioso-administrativo, procedemento ordinario 4117/2021, interposto contra a Orde do 29 de xuño de 2021 da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia pola que se aproban os estatutos do Ilustre Colexio de Procuradores de Vigo.

En consecuencia, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a Secretaría Xeral Técnica remitiu o correspondente expediente administrativo, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas para que poidan comparecer como parte nos autos ante a referida sala no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de novembro de 2021

Beatriz Cuíña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Xustiza e Turismo