Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 227 Xoves, 25 de novembro de 2021 Páx. 57696

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, pola que se publica a Resolución do 18 de novembro de 2021 que pon fin ao procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia, na estación de montaña de Manzaneda, para o ano 2021 (código de procedemento BS423F).

Mediante a Orde do 27 de outubro de 2021 aprobouse a convocatoria do procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia, na estación de montaña de Manzaneda, para o ano 2021 (Diario Oficial de Galicia número 209, do 27 de outubro).

De conformidade co artigo 16 da antedita orde, a resolución corresponderalle á persoa titular da dirección xeral competente en materia de familia, infancia e dinamización demográfica, por delegación da titular da Consellería de Política Social.

Así mesmo, de acordo co disposto no artigo 12 da mesma orde, publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entre outras, as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos da notificación. Non obstante, e tendo en conta que a publicación destes actos pode lesionar dereitos e intereses lexítimos das persoas solicitantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da consellería (http://politicasocial.xunta.es) unha breve indicación do contido do acto, así como do lugar onde os interesados poderán comparecer, no prazo que se estableza, para o coñecemento do contido íntegro do mencionado acto e constancia de tal coñecemento, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 39/2015.

Así mesmo, de forma complementaria poderase efectuar a notificación da resolución preferentemente por medios electrónicos a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal

Polo exposto,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia da Resolución do 18 de novembro de 2021, que pon fin ao procedemento de adxudicación de prazas para estadías de fin de semana a familias de especial consideración dentro do programa Montaña en familia, na estación de montaña de Manzaneda, para o ano 2021, ditada no procedemento BS423F.

O texto completo da resolución non se publica no Diario Oficial de Galicia na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Habilitarase un prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución, para que as persoas interesadas que se acrediten como tales ou os seus representantes comparezan para consultar a dita resolución nas dependencias da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Subdirección Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, situada no edificio administrativo de San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 18 de novembro de 2021, que finaliza este procedemento, esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Notificada a resolución de adxudicación da estadía para poder facer uso dela, as familias beneficiarias teñen a obriga de confirmar por escrito, no prazo de cinco (5) días hábiles, a súa aceptación, acompañada do xustificante de depósito da cantidade de 30 euros por estadía que, en concepto de reserva, se deba realizar na estación de montaña.

Cuarto. As persoas solicitantes que, cumprindo os requisitos do artigo 3, non obtivesen praza quedarán incluídas na lista de espera que se xunta na resolución.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

Jacobo Rey Sastre
Director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica