Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57835

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do segundo exercicio do proceso selectivo.

En sesión que tivo lugar o día 18 de novembro de 2021, o tribunal nomeado por Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos de servizos sociais, especialidade de psicoloxía, da administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 213, do 8 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Convocar para a realización do segundo exercicio da fase de oposición as persoas aspirantes que a seguir se relacionan que, de acordo co establecido nas bases da convocatoria, non acreditaron estar en posesión do Celga 4 ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007 (DOG núm. 146, do 30 de xullo), modificada pola Orde do 10 de febreiro de 2014 (DOG núm. 34, do 19 de febreiro), pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega.

Apelidos e nome

DNI

Catanese Seoane, Silvana

***0517**

Colino Díez, Sabela

***4392**

Pérez Gay, Laura

***2220**

Segundo. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, este segundo exercicio da fase de oposición terá lugar na aula 8 da Escola Galega de Administración Pública (rúa de Madrid, 2, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña), o día 30 de novembro de 2021, en chamamento único que se iniciará as 16.00 horas.

O exercicio constará de dúas probas:

– Primeira proba: consistirá na tradución dun texto do castelán para o galego elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

– Segunda proba: consistirá na tradución dun texto do galego para o castelán elixido por sorteo de entre dous textos propostos polo tribunal.

O exercicio terá unha duración de sesenta (60) minutos.

As persoas aspirantes deberán ir provistas de DNI ou de documento fidedigno acreditativo da súa identidade a xuízo do tribunal, e de bolígrafo de cor azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realice o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro material ou instrumento do que se poida valer o/a aspirante para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

Alberto Gutiérrez Piñeiro
Presidente do tribunal