Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57837

IV. Oposicións e concursos

Academia Galega de Seguridade Pública

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2021 pola que se modifica o número de prazas incluídas no proceso selectivo convocado pola Orde do 5 de outubro de 2021 para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quenda de concurso, e se amplía o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso.

Mediante a Orde do 5 de outubro de 2021, da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, publicada no DOG número 204, do 22 de outubro, convocouse o proceso selectivo para o acceso e ingreso nos corpos da Policía Local de Galicia, escala básica, categoría de policía, quendas de acceso libre e concurso (códigos de procedemento PR461B e PR461D).

O número de prazas convocadas era 29 pola quenda de oposición libre e 3 pola quenda de concurso para mobilidade, subgrupo C1. A denominación e características das prazas convocadas especificábanse no anexo III da orde.

Ademais, prevíase que o dito anexo III puidese ser modificado mediante resolución da Dirección Xeral da Agasp, publicada no DOG con anterioridade á publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos neste proceso selectivo.

Mediante esta resolución inclúense tres novas prazas da quenda de concurso.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 29 de novembro de 2021, polo que resulta de aplicación o establecido no artigo 32 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procecedemento administrativo común das administracións públicas.

Polo tanto, e tendo en conta que o prazo restante pode dificultar a presentación en prazo das solicitudes da quenda de concurso, tendo en conta as novas prazas convocadas, esta dirección xeral

RESOLVE:

1. Modificar o anexo III no referente ás prazas convocadas pola quenda de concurso, que queda como segue:

Concello

Nº de prazas

Denominación

Escala

Categoría

Grupo

Procedemento de selección

A Coruña

2

Policía local

Básica

Policía

C1

Concurso

Santiago de Compostela

3

Policía local

Básica

Policía

C1

Concurso

Tui

1

Policía local

Básica

Policía

C1

Concurso

Total mobilidade

6

Tal e como establecen as bases da convocatoria, o anexo III poderá ser modificado mediante resolución da Dirección Xeral da Academia Galega de Seguridade Pública, publicada no DOG con anterioridade á publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos neste proceso selectivo.

2. Ampliar o prazo de presentación de solicitudes da quenda de concurso 10 días hábiles contados a partir do 30 de novembro de 2021, inclusive.

Contra a resolución de ampliación de prazo non cabe recurso.

A Estrada, 22 de novembro de 2021

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral da Academia Galega de Seguridade Pública