Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 228 Venres, 26 de novembro de 2021 Páx. 57972

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Negueira de Muñiz

ANUNCIO de aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais.

O Pleno municipal, en sesión do 16 de abril de 2021, adoptou o acordo relativo á aprobación inicial do Plan municipal de prevención e defensa contra os incendios forestais do Concello de Negueira de Muñiz (expediente 40/2021).

De acordo co establecido no artigo 49 da Lei reguladora das bases do réxime local, sométese á información pública e á audiencia dos interesados, polo prazo de vinte días, durante o cal se poderán presentar reclamacións e suxestións que serán resoltas polo mesmo órgano municipal.

No caso de que durante o devandito prazo non se presente ningunha reclamación ou suxestión, entenderase conforme o nomeado artigo 49 da LRBRL, definitivamente aprobado o acordo inicial.

Negueira de Muñiz, 7 de xullo de 2021

José Manuel Braña Pereda
Alcalde