Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58209

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 12 de novembro de 2021, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña (2ª ampliación), a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña (San Martiño e San Pedro), no concello da Gudiña (Ourense).

En cumprimento do disposto no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, faise público que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, en sesión que tivo lugar con data do 22 de setembro de 2021, adoptou a seguinte resolución:

Examinado o expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Comunal da Gudiña (2ª ampliación), a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña (San Martiño e San Pedro), no concello da Gudiña (Ourense), resultan os seguintes feitos:

Primeiro. Con data do 31 de agosto de 2018, tivo entrada no rexistro da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común dos veciños da Gudiña, no cal solicitaban a clasificación como veciñal en man común de varias parcelas denominadas Comunal da Gudiña (2ª ampliación).

Segundo. Con data do 25 de novembro de 2020, o Xurado Provincial acorda iniciar o expediente de clasificación como veciñal en man común do referido monte, designando instrutor e realizando as comunicacións e publicacións a que fan referencia os artigos 20, 21 e 23 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e abriu un período dun mes para a práctica de alegacións.

Terceiro. Contra o acordo de inicio do procedemento foi presentado escrito de alegacións polos seguintes interesados: Diego Lago Cabo, quen solicita a exclusión do predio catastral 32035A501050030000TZ; a Diocese de Ourense, quen reclama a exclusión do predio catastral DD0103000PG55G0001IJ; así como Visitación Barja Fernández, Manuela Sánchez Barja, José Sánchez Barja, María Begoña Sánchez Barja e Mónica Sánchez Barja, os cales solicitan a exclusión da parcela catastral número 3482401PG5538S0001QR.

Na sesión realizadas polo Xurado Provincial o día 22 de setembro de 2021 os representantes dos veciños da Gudiña recoñeceron que a parcela catastral 32035A501050030000TZ non forma parte do monte veciñal, e tampouco a parcela 3482401PG5538S0001QR, que procede da concentración parcelaria.

Respecto do predio catastral DD0103000PG55G0001IJ, a Diocese de Ourense afirma ser a súa titular desde que lle fora cedida polo Concello da Gudiña mediante acordo plenario do día 1 de decembro de 1972, e nela encóntrase o cemiterio da parroquia da Gudiña. En proba do seu dereito achega unha certificación do secretario do concello da Gudiña en que se reflicte a cesión duns terreos ao Bispado de Ourense e unha certificación catastral en que consta a Diocese de Ourense como titular.

Os representantes dos veciños da Gudiña afirmaron que a dita parcela foi sempre veciñal en man común, pero que un dos veciños a cedeu para a construción dun panteón.

O Xurado Provincial, examinada detidamente a documentación, así como a declaración dos comparecentes, entende que o procedente é a exclusión das parcelas 32035A501050030000TZ e 3482401PG5538S0001QR por acordo das partes.

E respecto da parcela DD0103000PG55G0001IJ, na cal se atopa o cemiterio, o Xurado Provincial considera que non se cumpren os requisitos previstos no artigo 1 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

A dita parcela está destinada a un cemiterio ao menos desde 1972, polo que non existe un aproveitamento veciñal actual, nin tampouco consta no expediente ningunha proba dun aproveitamento veciñal previo.

Tolo isto sen prexuízo da posibilidade que teñen os veciños de acudir á xurisdición ordinaria para efectos de discutir a propiedade da citada parcela.

Cuarto. O monte obxecto de clasificación, de acordo coa documentación que consta no expediente, descríbese así:

Nome do monte: Comunal da Gudiña (2ª ampliación).

Superficie: 9,25 ha.

Pertenza: CMVMC da Gudiña.

Parroquia: A Gudiña (San Martiño e San Pedro).

Concello: A Gudiña.

Descrición das parcelas que constitúen o monte:

Parcela A.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A02300351

Norte

32035A02300121

Leste e sur

32035A02309003

Oeste

32035A02309002

Parcelas B-C.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105139

32035A50105033

Norte

32035A50109031

32035A50105034

32035A50100080

32035A50105020

Leste

32035A50105019

Sur

32035A50109032

32035A02209005

Oeste

32035A50100079

Parcela D.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105068

Norte

32035A50100323

Leste

32035A50109022

Sur e oeste

32035A50100324

Parcela E.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105084

32035A50105085

32035A50105086

Norte

32035A50105083

32035A50100308

Leste

32035A50100308

Sur

32035A50100307

Oeste

32035A50100310

Parcela F.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105076

Norte

32035A50100245

32035A50100246

32035A50100248

Leste

32035A50109017

Sur

32035A50100249

32035A50100250

32035A50100244

Oeste

32035A50100245

Parcela G.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105082

Norte, leste e oeste

32035A50100307

Sur

32035A50100302

32035A50100304

Parcela H.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105099

Norte

32035A50100302

32035A50100304

Leste e sur

32035A50100302

Oeste

32035A50100302

32035A50100304

Parcela I.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50109017 (parte)

Norte, leste, sur e oeste

32035A50109017 (resto da parcela)

Parcela J.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50109017 (parte)

Norte

32035A50109013

Leste

32035A50100049

32035A50100047

Sur

32035A50109017 (resto da parcela)

32035A50109015

Oeste

32035A50109017 (resto da parcela)

32035A50100007

Parcela K.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105002

32035A50105004

Norte

32035A50109014

Leste

32035A02200530

Sur

32035A50100016

Oeste

32035A50100016

32035A50105003

Parcela L.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A00709017

Norte

32035A00700115

32035A00700114

32035A00700113

32035A00700109

4883010PG5548S

32035A00700112

Leste

32035A00409022

Sur

32035A00709001

Oeste

32035A00700116

Parcela N.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50109003 (parte)

3784054PG5538S (parte)

Norte

32035A50109003 (resto da parcela)

Leste

3784054PG5538S (resto da parcela)

32035A00909004

Sur

32035A00909004

32035A50109003 (resto da parcela)

Oeste

3482401PG5538S (resto da parcela)

Parcela O.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A00900446

32035A00900447 (parte)

DD0105500PG55G (parte)

Norte

DD0105500PG55G (resto da parcela)

32035A00900447 (resto da parcela)

Leste

32035A00900445

32035A00901050

Sur

32035A00901050

32035A00900448

Oeste

32035A00909005

Parcela P.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A00900436

Norte

32035A00900431

32035A00900430

32035A00900429

Leste e sur

32035A00909001

32035A00909042

Oeste

32035A00901050

32035A00900445

Parcela Q.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A00901111

Norte e leste

32035A00909021

Sur

32035A00901107

Oeste

32035A00909043

Parcela R.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105140

Norte e leste

32035A50100458

Sur

32035A50109051

Oeste

32035A50100457

32035A50100458

Parcela S.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105141

Norte

32035A50100461

Leste

32035A50100461

32035A50100469

Sur

32035A50100469

Oeste

32035A02709007

32035A50109048

Parcela T.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105090

32035A50105091

Norte

32035A50100460

Leste

32035A50100460

32035A50100470

Sur

32035A50100470

Oeste

32035A50100469

32035A50100461

Parcela U.

Parcelas obxecto de clasificación (ref. catastral)

Parcelas estremeiras (ref. catastral)

32035A50105142

Norte, leste e sur

32035A50109049

Oeste

32035A50100475

Fundamentos de dereito.

Primeiro. O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común é o órgano competente para coñecer os expedientes de clasificación dos montes que teñan tal carácter, de acordo co establecido no artigo 9 da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común.

Segundo. De conformidade co disposto no artigo 1 da devandita Lei «son montes veciñais en man común... os que, con independencia da súa orixe, as súas posibilidades produtivas, o seu aproveitamento actual e a súa vocación agraria, pertenzan a agrupacións veciñais na súa calidade de grupos sociais e non como entidades administrativas, e se veñan aproveitando consuetudinariamente en réxime de comunidade sen asignación de cotas polos membros daquelas na súa condición de veciños».

Terceiro. É reiterada doutrina da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo que son dúas as notas características dos montes veciñais en man común: unha, o aproveitamento consuetudinario en man común, e outra, a atribución da titularidade dese aproveitamento aos veciños integrantes dun grupo social determinado, independentemente da súa cualificación ou non como entidade administrativa, correspondendo constatar o aproveitamento e atribuír a titularidade a favor do grupo social que o veña gozando ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense.

Cuarto. O carácter de monte veciñal en man común tense acreditado mediante as testemuñas dos veciños solicitantes, as actuacións realizadas polo Servizo de Montes e a documentación que consta no expediente.

En consecuencia co que antecede, examinada a Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, o Decreto 149/2018, do 5 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da consellería do Medio Rural, e demais normativa legal e regulamentaria, o Xurado Provincial, por unanimidade dos seus membros,

Resolve:

Clasificar como monte veciñal en man común o monte denominado Comunal da Gudiña (2ª ampliación), a favor dos veciños da Gudiña, na parroquia da Gudiña (San Martiño e San Pedro), no concello da Gudiña (Ourense), de acordo coa descrición realizada no feito cuarto.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición perante o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao desta notificación, de acordo co disposto no artigo 12 da citada Lei 13/1989, nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Ourense, 12 de novembro de 2021

Luis Jorge Álvarez Ferro
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de
Montes Veciñais en Man Común de Ourense