Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58189

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Mar

ORDE do 19 de novembro de 2021 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes nesta consellería, anunciada pola Orde do 7 de outubro de 2021 (DOG núm. 201, do 19 de outubro).

Segundo. Adxudicar destino nos postos de traballo que se indican ás persoas que se relacionan no anexo da presente orde.

Terceiro. O cesamento no actual destino da persoa que obtivo praza producirase, segundo o previsto no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, no prazo de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ou segundo o establecido na normativa de aplicación na súa Administración de orixe.

O prazo para tomar posesión do novo destino é de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión será de vinte días hábiles.

O cómputo dos prazos de toma de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, se lle concedesen ás persoas designadas. No caso de incapacidade temporal, o prazo iniciarase a partir da data de alta.

Cuarto. A xefatura de persoal do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino efectuarán, dentro dos prazos sinalados no punto anterior, as dilixencias de cesamento e de toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderase impugnar directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar

ANEXO

Apelidos e nome: Cortés Jiménez, María José.

NRP: ******4202 A2093.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Xestión, Ensino e Relacións Sectoriais.

Código: PE.C04.00.001.15770.001.

Nivel: 30.

Centro de destino: Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: López-Santos Rubal, Gonzalo Antonio.

NRP: ******8802 A2060.

Subgrupo: A1.

Denominación do posto: subdirector/a xeral de Acuicultura.

Código: PE.C03.00.003.15770.001.

Nivel: 30.

Centro de destino: Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica.

Localidade: Santiago de Compostela.

* O NRP amósase cifrado co fin de protexer os datos de carácter persoal.