Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58415

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Deporte Galego

ANUNCIO do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia, tempada 2021/2022, 1ª fase.

A Fundación Deporte Galego, tendo en conta que nos seus fins recolle o fomento da actividade física e do deporte base e de alta competición en Galicia, pon en marcha a XIII edición do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición de Galicia. Tempada 2021/2022-1ª fase.

A fundación remitiralle un correo electrónico á entidade obxecto de patrocinio e cursará invitación para a presentación da solicitude de patrocinio xunto co texto do plan de patrocinio.

A entidade invitada a tomar parte no procedemento PR960A presentará a solicitude obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considérase como data de presentación da solicitude aquela en que for realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365), e habilitarase un enlace na Guía de procedementos e servizos co código PR960A.

O prazo máximo para a presentación das solicitudes será de 7 días naturais contados desde a propia data de recepción da invitación. A presentación das proposicións por unha vía diferente á sinalada será causa de rexeitamento ou exclusión.

As bases poderanse consultar na ligazón https://deporte.xunta.gal/gl/convocatorias/plan-patrocinio-equipos-alta-competicion-tempada-20212022-1a-fase

Teléfono 881 99 63 77.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2021

José Ramón Lete Lasa
Presidente da Fundación Deporte Galego