Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58414

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Centro Tecnológico del Mar - Fundación Cetmar

ANUNCIO polo que se fan públicas a convocatoria e as bases específicas para cubrir unha praza de persoal temporal.

A directora xerente do Cetmar, en virtude das competencias atribuídas polo Padroado da Fundación, anuncia a aprobación da convocatoria e as bases específicas para a selección de persoal da categoría de técnico superior para o proxecto Manifest.

As bases estarán expostas na sede do Cetmar, situada na rúa Eduardo Cabelo, s/n, 36208 Vigo, e na súa páxina web (https://cetmar.org/trabajo/). A data tope de entrega de solicitudes será de 15 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Vigo, 19 de novembro de 2021

Paloma Rueda Crespo
Directora xerente do Centro Tecnológico del Mar