Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Luns, 29 de novembro de 2021 Páx. 58413

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO referente á convocatoria para prover varias prazas vacantes no corpo da Policía Local.

No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra (BOP) número 224, do venres 19 de novembro de 2021, publicáronse as bases xerais e específicas que rexen a convocatoria para o acceso a diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local da OEP 2021.

A concelleira delegada do Servizo de Persoal e Cultura convocou, mediante Resolución do 4 de novembro de 2021, os procesos selectivos para a cobertura de diversas prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Pontevedra, incluídas na oferta de emprego público do ano 2021, que a seguir se sinalan:

– Segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, grupo A, subgrupo A2. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: inspector/a. O sistema de selección será o de promoción interna.

– Segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, grupo C, subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, clase policía local. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial. O sistema de selección será o de mobilidade horizontal.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), os sucesivos anuncios publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra e no taboleiro de edictos da corporación nos termos establecidos nas bases.

Pontevedra, 19 de novembro de 2021

O alcalde
P.D. (Acordo do 5.2.2021)
José Manuel González Abal
Director xeral de Recursos Humanos