Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58464

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2021 pola que se nomea como persoal funcionario de carreira o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (Diario Oficial de Galicia número 84, do 3 de maio).

Con data do 10 de marzo de 2021 o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza firme no procedemento PO 237/2019. Na súa decisión a sentenza establece «que a titulación de enxeñeiro industrial que posúen os tres demandantes os habilita para participar no dito proceso selectivo, e ordénaselle á Administración que adopte as medidas necesarias para que os aspirantes indebidamente excluídos poidan continuar participando no citado proceso selectivo nas mesmas condicións que o resto de aspirantes». Esta sentenza afecta o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio).

Unha vez realizados os trámites necesarios para executar a sentenza, o tribunal modificou a puntuación e a orde de prelación establecidas na súa Resolución do 12 de novembro de 2021 (DOG núm. 224, do 22 de novembro), e esta consellería

RESOLVE:

Primeiro. Nomear como persoal funcionario de carreira o persoal funcionario que superou o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de enxeñeiros técnicos, especialidade de enxeñaría técnica industrial, convocado pola Orde do 12 de abril de 2016 (DOG núm. 84, do 3 de maio), en concreto a persoa aspirante aprobada que se relaciona no anexo desta resolución, á cal se lle adxudica como destino provisional en execución de sentenza o que figura no mesmo anexo desta resolución.

Segundo. Para adquirir a condición de persoal funcionario de carreira, a persoa a que se refire o anexo desta resolución deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, que comezará a computar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses, contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Acceso libre

Nº de orde

DNI

Apelidos e nome

Código do posto

Cons

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

3

***8328**

Madriñán Siso, Ramón

ED2010000415770007

ED

Técnico/a de construcións e equipamento

A2

22

Secretaría Xeral Técnica

S. X. de Construcións e Equipamento

Santiago de Compostela

Permiso de conducir B (R.I.)