Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58463

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019.

En sesión que tivo lugar o día 22 de novembro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 250, do 14 de decembro) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala de técnicos facultativos de servizos sociais, especialidade de educadores, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia (subgrupo A2), convocado pola Orde do 31 de outubro de 2019 (DOG núm. 211, do 6 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. Que, unha vez examinadas as reclamacións presentadas polos aspirantes sobre os listados de puntuacións publicados mediante a Resolución do 20 de outubro de 2021 (DOG núm. 209, do 29 de outubro) e feita unha nova corrección respecto dunha aspirante, esta ve incrementada a súa puntuación, o que non afecta o número de aspirantes que superaron o exercicio.

Segundo. Publicar a puntuación obtida pola aspirante que viu modificada a súa puntuación no portal web da Xunta de Galicia funcionpublica.xunta.gal

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2021

Camilo Ríos Gestal
Presidente do tribunal