Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58443

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 25 de novembro de 2021 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do Fondo Galego de Garantía Agraria.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta do Fondo Galego de Garantía Agraria e unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa de Negociación e na Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 25 de novembro de 2021, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Aprobar a modificación da relación de postos de traballo do Fondo Galego de Garantía Agraria nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia das súas necesidades funcionais e organizativas actuais.

Segundo. Ordenar a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 25 de novembro de 2021, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 16, do 24 de xaneiro), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Consellería do Medio Rural

Persoal funcionario

Na vixente relación de postos de traballo do organismo autónomo Fondo Galego de Garantía Agraria, prodúcese a seguinte modificación:

Modificacións:

– No centro de destino «SECRETARÍA DO FOGGA», o posto «MR.O12.00.000.15770.020.-SECRETARIO/A», muda no seu punto Corpo/escala pasando a ser «XERAL/ESPECIAL».