Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Martes, 30 de novembro de 2021 Páx. 58441

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR809A).

No DOG número 124, do 1 de xullo de 2021, publicouse a Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR809A).

Logo da tramitación establecida nas bases reguladoras, con data do 13 de setembro de 2021, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, ditou resolución de adxudicación de seis bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional, que se desenvolverán durante os anos 2021 e 2022.

Logo da renuncia dunha das persoas beneficiarias das bolsas e de conformidade co disposto na base décimo segunda da Orde do 18 de xuño de 2021, con data do 16 de setembro de 2021, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, adoptou a resolución pola que se lle concede a unha nova persoa adxudicataria unha das bolsas convocadas pola Orde do 18 de xuño de 2021.

Posteriormente, tras a renuncia de dúas persoas beneficiarias das bolsas, con data do 18 de outubro de 2021, o director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, por delegación do vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Turismo, adoptou a resolución pola que se lles conceden a dúas novas persoas adxudicatarias as bolsas convocadas pola Orde do 18 de xuño de 2021.

Conforme o establecido na base sétima, punto un, da Orde do 18 de xuño de 2021, deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Con estas bolsas preténdese apoiar a formación de persoas expertas en cooperación para o desenvolvemento, coa finalidade de complementar a formación académica das persoas tituladas universitarias con estadías na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) dependentes da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento, de acordo co previsto no convenio subscrito entre esta axencia e a Xunta de Galicia, ou nas oficinas das axencias da Organización das Nacións Unidas.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia a relación das bolsas concedidas ao abeiro da Orde do 18 de xuño de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas para a formación de persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (DOG núm. 124, do 1 de xullo), segundo se detalla no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2021

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Persoas adxudicatarias

Apelidos

Nome

Destino

Subvención concedida

Aplicación orzamentaria

Presedo Rama

Clara

Oficina Técnica da Cooperación Española na República Dominicana

17.400 €

05.26.331A.480.0

Rodríguez Villagarcía

Aitor

DXRREE e UE Santiago de Compostela

12.000 €

05.26.331A.480.0

González Veiga

Irene

Oficina Técnica da Cooperación Española no Perú

17.400 €

05.26.331A.480.0

Gómez Vales

Laura

Oficina Técnica da Cooperación Española en Mozambique

17.400 €

05.26.331A.480.0

Fernández de la Cruz

Sandra

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

16.200 €

05.26.331A.480.0

Visos Varela

Irene

DXRREE e UE Santiago de Compostela

11.000 €

05.26.331A.480.0

Díaz Rodríguez

Mateo

Oficina Técnica da Cooperación Española en Guatemala

232 €

05.26.331A.480.0

Varela Menéndez

Jacobo

DXRREE e UE Santiago de Compostela

258 €

05.26.331A.480.0