Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 59072

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Aira, S.Coop.Galega

ANUNCIO polo que se acorda a fusión por absorción da Cooperativa Mopan, S. Coop. Galega.

A sociedade cooperativa agraria de primeiro grao Aira, S. Coop. Galega, con domicilio en Taboada (Lugo), parque empresarial de Taboada, s/n, 27550, con CIF F-27317593, comunica, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que en Asemblea xeral ordinaria do 24 de novembro de 2021 acordou a fusión por absorción da cooperativa Mopan, S. Coop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a oporse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

Taboada, 24 de novembro de 2021

José Manuel López Tellado
Presidente de Aira, S. Coop. Galega