A sociedade cooperativa agraria de primeiro grao Aira S. Coop. Galega, con domicilio en Taboada (Lugo), parque empresarial de Taboada, s/n, CP 27550, con CIF nº F-27317593, comunica, en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, de cooperativas de Galicia, que en asemblea xeral ordinaria do 24 de novembro de 2021 acordou a fusión por absorción da cooperativa Coba de Vales, S. Coop. Galega, sociedade esta última que resulta absorbida. A cooperativa resultante denominarase Aira, S. Coop. Galega.
Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.
Taboada, 24 de novembro de 2021
José Manuel López Tellado
Presidente de Aira, S. Coop. Galega