Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58985

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Verín

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial do Plan especial de reforma interior do ámbito APR-45 do instrumento de ordenación provisional na zona dos Coutos para actividades terciarias.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local, do 22 de novembro de 2021, adoptouse o seguinte acordo:

Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial de reforma interior do ámbito APR-45 do instrumento de ordenación provisional na zona dos Coutos para actividades terciarias, no concello de Verín, promovido por Logística Chestenorte, S.L., segundo o proxecto redactado pola arquitecta María del Consuelo González García en abril de 2021, presentado neste concello por DESSAUrbanismo, S.L.N.E., con data do 25 de xuño de 2021, e promovido por Logística Chestenorte, S.L.

Segundo. De acordo co disposto no artigo 75.1.a) da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e no artigo 186.1.a) do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da citada lei, someter o expediente administrativo ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión da provincia, así como realizar a publicidade telemática de acordo co disposto no artigo 70.ter da Lei 7/1985, do 2 de abril, de bases do réxime local (sede electrónica do Concello de Verín = https://verin.sedelectronica.gal).

Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados polo ámbito do Plan especial de reforma interior do ámbito APR-45 do IOP na zona dos Coutos para actividades terciarias.

Terceiro. De acordo co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e artigo 86 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de edificación e demolición en todo o ámbito do Plan especial de reforma interior do ámbito APR-45 do IOP na zona dos Coutos para actividades terciarias.

Esta suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde esta aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do plan especial.

Cuarto. Dar cumprimento ao resto de trámites legalmente exixidos para acadar a aprobación definitiva do plan especial.

Por conseguinte, durante o prazo de dous meses, que comezará a contar desde a data de publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia, o expediente administrativo quedará á disposición de calquera que queira examinalo no Servizo de Urbanismo do Concello de Verín, así como no taboleiro de anuncios da sede electrónica deste concello (https://verin.sedelectronica.gal), para que se formulen as alegacións que se consideren oportunas.

Verín, 16 de novembro de 2021

Gerardo Seoane Fidalgo
Alcalde