Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Xoves, 2 de decembro de 2021 Páx. 58987

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vilardevós

ANUNCIO de notificación a titulares descoñecidos do requirimento para a xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas.

De conformidade co disposto no artigo 22.3 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e dado que os titulares dos bens que se relacionan a seguir son descoñecidos e resulta imposible a súa notificación, comunícase ás persoas responsables a súa obriga legal de xestión da biomasa, e retirada de especies arbóreas prohibidas nos parcelas que se describen, imposta polo artigo 22.1 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia:

Data da acta da inspección

Ref. catastral

Localización/polígono/parcela

Persoa responsable

1.9.2020

32092A02700383

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

027

00383

Descoñecida

1.9.2020

32092A02400124

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

024

00124

Descoñecida

1.9.2020

32092A05000114

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

050

00114

Descoñecida

1.9.2020

32092A01100595

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

011

00595

Descoñecida

1.9.2020

32092A02500126

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

025

00126

Descoñecida

1.9.2020

32092A02500093

Osoño (San Pedro), Vilardevós, Ourense

025

00093

Descoñecida

1.9.2020

32092A10200256

Terroso (Santa Cruz), Vilardevós, Ourense

102

00256

Descoñecida

1.9.2020

32092A06801757

Vilar de Cervos (San Vicente), Vilardevós, Ourense

068

01757

Descoñecida

1.9.2020

32092A06801735

Vilar de Cervos (San Vicente), Vilardevós, Ourense

068

01735

Descoñecida

1.9.2020

32092A06800481

Vilar de Cervos (San Vicente), Vilardevós, Ourense

068

00481

Descoñecida

1º. En virtude do que antecede, comunícaselle que na acta de inspección referenciada se comprobou que na referida parcela se incumpre o establecido no artigo 21 da Lei 3/2007. Por tanto, dispón dun prazo máximo de 15 días naturais para o cumprimento voluntario para xestionar a biomasa na parcela citada, que se iniciará o día seguinte ao da recepción desta notificación.

2º. En caso de persistencia no incumprimento transcorrido o devandito prazo, o Concello procederá sen máis trámites á execución subsidiaria con repercusión dos custos de xestión da biomasa e, se é o caso, comiso das especies arbóreas prohibidas retiradas pola Administración, nas condicións establecidas no artigo 22.2 da citada Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo da instrución do procedemento sancionador que corresponda. As persoas titulares dos terreos ou dos dereitos de aproveitamento terán a obriga legal de facilitar o necesario acceso para a realización dos traballos de xestión de biomasa e retirada das especies arbóreas prohibidas. O suxeito que realice os traballos de execución subsidiaria terá a facultade de acceder sen consentimento da persoa titular, agás nos supostos excepcionais previstos legalmente, cando o acceso afecte, dentro da parcela, espazos físicos susceptibles de merecer a cualificación de domicilio para os efectos do artigo 18.2 da Constitución española.

3º. No caso de proceder á execución subsidiaria, o Concello procederá á liquidación provisional dos custos a que previsiblemente dará lugar, coa advertencia de que se procederá á súa exacción inmediata en caso de persistencia no incumprimento, logo do transcurso do prazo outorgado, sen prexuízo da liquidación definitiva unha vez rematados os traballos, de ser o caso. Neste caso, a liquidación provisional dos traballos necesarios para xestionar a biomasa nas faixas secundarias establécese nunha cantidade estimada que se mostra na seguinte táboa.

Nº de expediente

Ref. catastral

ha afectadas por execución subsidiaria

Estimación prezo por ha

Liquidación provisional

2020/32092A02700383

32092A02700383

0,0034

2.056,00 €

6,99 €

2020/32092A02400124

32092A02400124

0,0226

2.056,00 €

46,39 €

2020/32092A05000114

32092A05000114

0,0138

2.056,00 €

28,40 €

2020/32092A01100595

32092A01100595

0,0218

2.056,00 €

44,81 €

2020/32092A02500126

32092A02500126

0,0514

2.056,00 €

105,74 €

2020/32092A02500093

32092A02500093

0,0223

2.056,00 €

45,85 €

2020/32092A10200256

32092A10200256

0,0022

2.056,00 €

4,53 €

2020/32092A06801757

32092A06801757

0,0115

2.056,00 €

23,60 €

2020/32092A06801735

32092A06801735

0,0123

2.056,00 €

25,21 €

2020/32092A06800481

32092A06800481

0,0215

2.056,00 €

44,27 €

4º. En caso de persistencia no incumprimento, e transcorrido o prazo outorgado, iniciarase tamén o correspondente procedemento sancionador segundo o previsto no título VII da Lei 3/2007:

a) Administración competente para sancionar (artigo 54 da Lei 3/2007):

1. Será competente para incoar o procedemento sancionador para as infraccións cometidas en terreos agrícolas, forestais e de influencia forestal a persoa titular da xefatura territorial da consellería con competencias en materia forestal por razón do territorio en que se cometeu a infracción ou daquel con maior superficie afectada.

2. Serán competentes para a resolución dos procedementos sancionadores por infraccións tipificadas nesta lei e incoados no ámbito da consellería con competencia en materia forestal:

a. A persoa titular da xefatura territorial da consellería competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións leves.

b. O órgano competente en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións graves.

c. A persoa titular da consellería que teña asignada a competencia en materia forestal, para a imposición de sancións pola comisión de infraccións moi graves.

3. A incoación do procedemento sancionador en aplicación desta lei, por ausencia de ordenanzas municipais ao respecto, para as infraccións cometidas en solo urbano, de núcleo rural e urbanizable, será competencia do correspondente concello. A resolución dos expedientes pola comisión de infraccións leves, graves e moi graves corresponderá á persoa titular da alcaldía, de conformidade co establecido no número 3 do artigo 21.ter.

b) Cualificación da infracción: infracción leve (51.3.a) da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, sen prexuízo do establecido no artigo 51.2.g) para as faltas graves.

c) Contía máxima da sanción pecuniaria que se poida impoñer no caso de infracción leve 1.000,00 € (artigo 74.a) da Lei 43/2003, do 21 de novembro, de montes, en relación co disposto no artigo 50.1 da Lei 3/2007. No caso de ser considerada infracción grave a contía máxima da sanción será de 100.000,00 € (artigo 74.b).

d) Procederase ao comiso cautelar da madeira resultante da corta das especies arbóreas que deban ser retiradas de acordo co establecido no artigo 22.2 da Lei 3/2007.

Vilardevós, 11 de novembro de 2021

Manuel Cardoso Pérez
Alcalde