Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59133

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 26 de outubro de 2021, do tribunal nomeado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 26 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución do 19 de outubro de 2020 (DOG núm. 241, do 30 de novembro), modificado pola Resolución do 17 de decembro de 2020 (DOG núm. 258, do 24 de decembro), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, na escala de facultativo superior de servizos sociais, especialidade en medicina da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (DOG núm. 212, do 7 de novembro),

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria, e unha vez efectuada a corrección do segundo exercicio, publicar a cualificación das persoas aspirantes convocadas:

Apelidos e nome

NIF

Cualificación do 2º exercicio

Añel Besteiro, Claudio

***3637**

Apto

Anguera Novo, Marta

***8520**

Apta

Barreira Bascoy, Manuel

***3319**

Apto

Fernández de Armas, Lisset

***6541**

Apta

Guerrero Caro, Sandra Milena

***0808**

Apta

Marcos Beltrán, Pelayo Carlos

***8340**

Apto

Martínez Ortiz, Moisés

***5793**

Non presentado

Mato Raposo, Raquel

***4734**

Apta

Pena Naveiro, María José

***4830**

Apta

Rodríguez Pérez, Josefina

***6699**

Apta

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.8 da convocatoria, as persoas aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 26 de outubro de 2021

Mercedes Lanza Gándara
Presidenta do tribunal