Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 3 de decembro de 2021 Páx. 59135

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 2021, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde do 7 de xaneiro de 2020, sobre diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 20 de outubro de 2021, o tribunal nomeado pola Resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 21 de setembro de 2020 (DOG núm. 195, do 25 de setembro), modificada polas resolucións do 20 de outubro de 2020 (DOG núm. 218, do 29 de outubro), do 1 de marzo de 2021 (DOG núm. 42, do 3 de marzo) e do 4 de marzo de 2021 (DOG núm. 46, do 9 de marzo), para cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 7 xaneiro de 2020 (DOG núm. 21, do 31 de xaneiro),

ACORDOU:

Primeiro. Examinada a única alegación presentada á listaxe de puntuacións publicada mediante o Acordo deste tribunal o 16 de setembro de 2021 (DOG núm. 187, do 28 de setembro) e tras realizar a correspondente comprobación da folla de respostas da persoa aspirante que reclama, en atención a unha suposta discrepancia entre as respostas contestadas e a puntuación outorgada, desestímase por non corresponderen os feitos alegados co contido da folla de exame que consta en poder deste tribunal.

Segundo. Declarar exentas de realizar o segundo exercicio da fase de oposición do proceso selectivo todas as persoas aspirantes que superaron o primeiro exercicio, por teren acreditado o nivel de coñecemento da lingua galega requirido neste proceso selectivo ante a Dirección Xeral de Función Pública, ao abeiro do previsto na base II.1.1.2 da orde de convocatoria.

Terceiro. Declarar rematada a fase de oposición do proceso selectivo.

De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 2021

Eduardo Suárez Campo
Presidente do tribunal