Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Martes, 7 de decembro de 2021 Páx. 59481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2021 pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, mediante a Resolución da Consellería de Facenda e Administración Pública do 15 de abril de 2021 (publicada no DOG núm. 76, do 23 de abril), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e de promoción interna, no corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

O conselleiro de Facenda e Administración Pública
P.D. (Orde do 8.1.2020; DOG núm. 16, do 24 de xaneiro)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados

Tribunal titular

Presidencia:

– Santiago Valencia Vila, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– Agustín Pigni Giraudo, persoal funcionario de carreira do corpo superior de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– María Dolores Rivera Frade, maxistrada do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

– Luis Míguez Macho, catedrático de dereito administrativo da Universidade de Santiago de Compostela.

– María Isabel Rossell López, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.

Tribunal suplente

Presidencia:

– Ana González de Vicente, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Secretaría:

– María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de letrados.

Vogais:

– Andrés Lago Louro, maxistrado decano de Santiago de Compostela e titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Santiago de Compostela.

– José Manuel Busto Lago, catedrático de dereito civil da Universidade da Coruña.

– Juan José González Acevedo, persoal funcionario de carreira do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala superior de finanzas.