Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Xoves, 9 de decembro de 2021 Páx. 59711

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 18 de novembro de 2021 pola que se publica a prórroga do encargo á empresa pública Tragsatec, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, para realizar as actuacións necesarias para a obtención da autorización de utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Coa finalidade de dar cumprimento ao disposto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, publícase no Diario Oficial de Galicia a prórroga do encargo á empresa pública Tragsatec, Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., como medio propio personificado e servizo técnico, para realizar as actuacións necesarias para a obtención da autorización de utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

Para xeral coñecemento, disponse a súa publicación como anexo a esta resolución.

ANEXO

I. Mediante a Resolución do 18 de novembro de 2019, do presidente do Servizo Galego de Saúde (feita pública no DOG nº 227, do 28 de novembro), encargóuselle á empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), como medio propio personificado e servizo técnico, a realización das actuacións necesarias para a obtención da autorización de utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde.

II. De conformidade co establecido na condición básica número 5 Duración, o encargo tiña prevista unha vixencia de dous anos a partir da súa sinatura e podían ser acordadas as prórrogas do prazo de execución que foren necesarias sempre e cando estivesen xustificadas por mor do atraso e sen que supuxese en ningún caso incremento do importe total do encargo.

III. Mediante escrito do 2 de novembro de 2021, o xerente de Tragsatec na Unidade Territorial Noroeste solicita unha prórroga dun ano debido ao atraso da Axencia Española de Seguridade Aeronáutica no outorgamento das autorizacións de apertura ao tráfico.

Á vista destas circunstancias, e no exercicio das facultades que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e o artigo 4 do Decreto 137/2019, do 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Prorrogar, por un período dun ano, a vixencia do encargo á empresa pública Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec), como medio propio personificado e servizo técnico, para realizar as actuacións necesarias para a obtención da autorización de utilización das helisuperficies de determinados hospitais dependentes do Servizo Galego de Saúde, cuxa vixencia remata o 18 de novembro de 2022, e manter inalteradas o resto das condicións previstas para o encargo na Resolución do 18 de novembro de 2019.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2021

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade e presidente do Servizo Galego de Saúde