Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 30 de novembro de 2021, da Zona Centro, polo que se procede á apertura do prazo de presentación de solicitudes da convocatoria pública para a utilización dos departamentos número 14 e número 15 de usuarios, no dominio público portuario de Pontedeume.

Quedando dispoñibles no porto de Pontedeume os departamentos número 14 e número 15 para usuarios, no dominio público portuario de Pontedeume, procédese a abrir convocatoria pública para a súa ocupación, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 63 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia (DOG núm. 236, do 14 de decembro), para que as persoas e entidades interesadas poidan presentar a súa solicitude, segundo o establecido no prego das bases da convocatoria, pero, en todo caso, deberá acreditarse a data e a hora de presentación da solicitude. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A documentación deberá presentarse obrigatoriamente por vía electrónica de acordo cos artigos 14.2 e 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e da Lei 4/2019, de administración dixital de Galicia, e empregarase o modelo con código IF500B, regulado na Resolución do 17 de novembro de 2020 pola que se aproba o procedemento de autorización de ocupación de dominio público portuario en portos dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia, dentro do prazo establecido, e que en caso contrario non será admitida, e deberase emendar a súa presentación tomándose como data de presentación a da emenda, co risco no caso de trámites sometidos a prazos excluíntes de que perdan o dereito ao trámite ou incluso o dereito ao seu favor que, de ser o caso, poidan ter obtido, no marco do procedemento que se trate.

A Coruña, 30 de novembro de 2021

Lorena Solana Barjacoba
Xefa da Zona Centro