Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61531

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Touro

ANUNCIO da aprobación da oferta de emprego público para 2021.

A Xunta de Goberno Local, en sesión do 11 de novembro de 2021, adoptou o acordo de aprobación da oferta de emprego público para 2021, que se transcribe a seguir:

4.a) Oferta de emprego público 2021.

Ao existiren vacantes de auxiliar administrativo e de administrativo (esta última procedente de xubilación do funcionario titular da praza) neste concello de Touro, segundo se desprende da relación de postos de traballo e en aplicación do establecido na Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, a Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar a oferta de emprego público do Concello de Touro para o ano 2021, que cumpre coa taxa de reposición establecida no artigo 19.1 da Lei 11/2020, do 30 de decembro, de orzamentos xerais do Estado para o ano 2021, e que contén as seguintes prazas:

Código

Grupo

Descrición praza

Escala

Dotación

01010002

C1

Administrativo

Administración xeral

1

01010004

C2

Auxiliar administrativo

Administración xeral

1

Segundo. Publicar o presente acordo no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da Provincia, para os efectos establecidos no artigo 91 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e no artigo 70.2 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público (Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro).

O que se fai público, de conformidade co disposto no número 2 do artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba texto refundido da Lei do Estatuto do empregado público.

Touro, 22 de novembro de 2021

Ignacio Codesido Barreiro
Alcalde