Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61511

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2021 pola que se aproba definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Antecedentes de feito:

1. En virtude da Resolución do 18 de marzo de 2021, o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) acordou aprobar inicialmente os proxectos de expropiación forzosa dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución dos polígonos un, dous e tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), polo procedemento de taxación conxunta, e sometelos a información pública polo prazo dun mes, mediante a inserción dos anuncios no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 63, do 6 de abril) e nos xornais de maior circulación da provincia (os anuncios publicáronse o día 6 de abril de 2021, nas edicións de Deza-Tabeirós, Arousa, Pontevedra e Vigo de La Voz de Galicia, así como no Faro de Vigo).

A taxación dos bens e dereitos que se precisan ocupar neste expediente notificóuselles individualmente aos que aparecen como os seus respectivos titulares, mediante traslado literal da citada Resolución do 18 de marzo de 2021, da correspondente folla de valoración e da proposta de fixación dos criterios de valoración, para que puidesen formular alegacións no prazo dun mes, contado a partir da data de recepción da referida notificación, tal e como se sinala no artigo 118.4 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia. Igualmente, a dita resolución publicouse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE núm. 85, do 9 de abril), para os efectos previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ademais, o expediente estivo exposto ao dispor das persoas interesadas no Concello de Vigo, na sede da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e na páxina web do IGVS, http://igvs.xunta.gal/. Igualmente, deuse audiencia ao citado concello e notificóuselle ao Ministerio Fiscal.

2. O 3 de xuño de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra emprazou mediante publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 116, do 21 de xuño) a aquelas persoas interesadas que non se puido efectuar a notificación das referidas follas de valoración, para seren notificadas por comparecencia no citado expediente.

3. O 20 de xullo de 2021, por resolución do director xeral do IGVS, acordouse o inicio dos trámites de exclusión de determinados bens e dereitos do expediente expropiatorio para a execución dos polígonos un, dou e tres do solo residencial de San Paio de Navia, no Concello de Vigo (DOG núm. 141, do 26 de xullo e corrección de erros no DOG núm. 143, do 28 de xullo). Con posterioridade, a través da Resolución do director xeral do IGVS do 4 de novembro de 2021 e tras o cumprimento do procedemento administrativo establecido no artigo 295.1 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, acordouse aprobar definitivamente a súa exclusión (DOG núm. 222, do 18 de novembro).

4. Cumpridos os anteriores trámites, a Administración expropiante, por proposta do perito nomeado para os efectos neste expediente, elaborou un informe individualizado sobre cada unha das alegacións presentadas, así como as preceptivas follas de prezo xusto definitivas.

5. En virtude do especificado nos artigos 18 e 19 do Real decreto lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do solo e rehabilitación urbana, o 12 de agosto de 2021, mediante resolución administrativa, o director xeral do IGVS acordou aprobar o procedemento e iniciar os tramites para recoñecer o dereito de realoxamento ás persoas ocupantes legais de vivendas que constitúan a súa residencia habitual no ámbito expropiado, actualmente en tramitación.

6. O 25 de novembro do 2021, a Dirección Técnica de Xestión Económica e Orzamentos do IGVS asinou o informe sobre a dispoñibilidade orzamentaria co fin de afrontar os expedientes expropiatarios para a execución dos polígonos un, dous e tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

7. O 25 de novembro de 2021, a xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra e representante da Administración desta expropiación emitiu o informe proposta de resolución de aprobación definitiva do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

Consideracións legais:

Primeira. O proxecto de expropiación forzosa tramítase polo procedemento de taxación conxunta, de conformidade co disposto no artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia.

Segunda. O dito proxecto ten por obxecto a expropiación polo IGVS, en beneficio propio, dos bens e dereitos necesarios para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo).

De conformidade co disposto no número 10 do artigo 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o acordo de aprobación definitiva do expediente de taxación conxunta implicará a declaración de urxencia da ocupación dos bens e dereitos afectados.

Terceira. O expediente tramitado reúne a documentación relacionada no artigo 118.1 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro. Di así o citado artigo:

«1. Nos supostos do procedemento de taxación conxunta, o expediente conterá os seguintes documentos:

a) Delimitación do ámbito territorial, cos documentos que o identifiquen en canto a situación, superficie e lindes coa descrición de bens e dereitos afectados e a relación dos seus titulares.

b) Fixación de prezos coa valoración razoada do solo, segundo a súa cualificación urbanística.

c) Follas de prezo xusto individualizado de cada predio, en que se conterá non só o valor do solo, senón tamén o correspondente ás edificacións, obras, instalacións e plantacións.

d) Follas de prezo xusto que correspondan a outras indemnizacións.

2. O proxecto de expropiación, cos documentos sinalados, será aprobado inicialmente e exposto ao público polo prazo dun mes, para que aquelas persoas que poidan resultar interesadas formulen as observacións e reclamacións que xulguen convenientes, en particular no que atinxe á titularidade ou valoración dos seus respectivos dereitos».

A relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, figuran no anexo desta resolución.

Cuarta. O artigo 118.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, establece que «emitido informe sobre as alegacións, someterase o expediente á aprobación do órgano municipal autonómico que sexa competente. Enténdese que o órgano autonómico competente será a persoa titular da consellería expropiante».

Pois ben, en virtude do Decreto 130/2020, do 17 de setembro, polo que se establece a estrutura orgánica das vicepresidencias e das consellerías da Xunta de Galicia (DOG núm. 190, do 18 de setembro), o IGVS quedou adscrito á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda. Segundo o anterior, a persoa titular desa consellería sería a competente para ditar esta resolución. Agora ben, a Orde do 25 de outubro de 2019 (DOG núm. 210, do 5 de novembro), sobre delegacións de competencias nos órganos superiores, directivos e periféricos da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, establece no seu ordinal terceiro, o cal leva por rúbrica “expropiación forzosa”, que «deléganse nas persoas titulares das direccións xerais da consellería, no ámbito das súas respectivas competencias, o exercicio das facultades que o ordenamento xurídico atribúe á persoa titular da consellería expropiante».

Logo do anterior, enténdese competente para ditar esta resolución, por delegación de competencia, a persoa titular da Dirección Xeral do IGVS.

De acordo co informe proposta da xefa da Área Provincial do IGVS en Pontevedra do 25 de novembro de 2021, que consta no expediente,

RESOLVO:

Primeiro. Aprobar definitivamente o proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo), coa estimación ou desestimación das alegacións presentadas, segundo os casos, nos termos que aparecen nos informes, respecto de cada unha delas que constan no expediente e, consecuentemente, a declaración de urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de expropiación.

O pagamento ou depósito do importe da valoración establecida producirá os efectos previstos nos números 6, 7 e 8 do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, sen prexuízo de que continúe a tramitación do procedemento para a definitiva fixación do prezo xusto en vía administrativa.

Segundo. Ordenar a notificación desta resolución, de xeito individualizado, a todos os que aparezan como titulares de bens ou dereitos que figuran como tales neste expediente de expropiación, ao que se lle deberá unir a correspondente folla de prezo xusto definitiva.

Igualmente, deberase notificar esta resolución ao Ministerio Fiscal, para os efectos establecidos no artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, en relación coas persoas propietarias descoñecidas, e á Delegación Provincial do Ministerio de Economía e Facenda en Pontevedra, unha vez determinado, con carácter firme, o prezo xusto dos bens, dereitos ou intereses patrimoniais que se expropian.

Terceiro. Ordenar a publicación desta resolución, así como o seu anexo, que contén a relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo. Así mesmo, publicarase un anuncio no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de que sirva de notificación ás persoas propietarias descoñecidas e das cales se ignore o lugar de notificación ou o medio, ou ben, intentada esta non se puidese efectuar, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Durante o prazo de vinte días, contados desde o seguinte da recepción da notificación ou, de ser o caso, da data da publicación no Boletín Oficial del Estado, os interesados poderán manifestar, mediante escrito dirixido á Dirección Xeral do IGVS, a súa desconformidade coa valoración fixada no expediente aprobado, conforme o que dispón o artigo 118.7 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

A dita desconformidade presentarase preferiblemente por vía electrónica a través do procedemento normalizado con código de procedemento PR004A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/, que deberá dirixirse á Dirección Xeral do IGVS.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos medios de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aqueles suxeitos non obrigados a relacionarse electronicamente coas administracións públicas, conforme ao artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, poderán presentar a súa desconformidade na Área Provincial do IGVS en Pontevedra (sita na rúa Alcalde Hevia, 7, 36071 Pontevedra).

Transcorrido o citado prazo sen que se formule oposición á valoración, entenderase aceptada a que se fixou no acto aprobatorio do expediente e entenderase determinado o prezo xusto definitivamente, de conformidade co artigo 118.8 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa notificación, ou recurso contencioso-administrativo, de conformidade coa Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2021

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
P.D. (Orde do 25 de outubro de 2019)
Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación das persoas titulares dos bens e dereitos que se expropian para a execución do polígono número tres do Plan parcial de San Paio de Navia (Vigo)

Nº orde

Ref. catastral

Persoas titulares

Supef.exp. (m²)

Afección

332

0339701NG2703N

Iglesias Pazó, Josefa Clara

671

Total

332-AR

0339701NG2703N-AR

Porto Valla Publicidad Exterior, S.L.

0

Arrendatario

333

0340501NG2704S

Carril Comesaña, Roberto e outro

324

Parcial

333-AR

0340501NG2704S-AR

ALPHA Publicidad Exterior

0

Arrendatario

333-1

0340502NG2704S

Comesaña Pardellas, Amalia Isabel e outros

986

Total

333-1AR

0340502NG2704S-1-AR

ALPHA Publicidad Exterior

0

Arrendatario

334

0340607NG2704S

Iglesias Barreiro, José Manuel e outros

379,51

Parcial

335

0340606NG2704S

Pena Barreiro, Norberto e outros

423,89

Parcial

336

0340605NG2704S

Abalde Filgueira, Catalina de la Paz

640,6

Parcial

337

0340604NG2704S

Abalde Pérez, Jaime e outros

1267

Total

338

0340602NG2704S

Álvarez Abalde, herdeiros de Elvira

1.689,64

Parcial

338-AR4

0340602NG2704S-AR4

Vantage Towers, S.L.U.

0

Arrendatario

338-1

0340601NG2704S

Camping Rias Baixas, S.L.

985

Total

338-1AR1

0340602NG2704S-AR1

Mocalva, S.L.

0

Arrendatario

338-AR2

0340602NG2704S-AR2

Impacto, S.L.

0

Arrendatario

340

0339702NG2703N

Gestiones Urbanísticas e de Negocios, S.L.

1.650

Total

341

0339703NG2703N

Descoñecido

472

Total

342

0339704NG2703N

González Costas, María Carmen

896

Total

344

0339706NG2703N

Comesaña Rodríguez, María Carmen e outros

951

Total

345

0339707NG2703N

Descoñecido

1.076

Total

348

0438520NG2703N

Monroy Álvarez, María Mercedes e outros

437

Total

350

0438503NG2703N

Iglesias Fernández, María José e outros

64,65

Parcial

351

0438505NG2703N

Mouriño Álvarez, María Josefa

49,33

Parcial

354

0438521NG2703N

Álvarez Pazó, Maria Elena

521

Total

356

0438523NG2703N

Montenegro Costas, José e outros

541

Total

358

0438519NG2703N

Álvarez Abalde, herdeiros de Elvira

691

Total

358-AR

0438519NG2703N-AR

Barral Río, Fernando Alonso

0

Inquilino

359

0339709NG2703N

Melero González, José María e outros

1.412

Total

359-AR

0339709NG2703N-AR

Recuperación e Tratamento da Soldadura, S.L., Retrasol

0

Arrendatario

359-1

0339708NG2703N

Fernández Vilas, herdeiros de José

820

Total

360

0339716NG2703N

Descoñecido

1.337

Total

360-AR

0339716NG2703N-AR

Mocalva, S.L.

0

Arrendatario

361

0339714NG2703N

Descoñecido

463

Total

362

0339713NG2703N

Descoñecido

100

Total

365

0339710NG2703N

Fernández Comesaña, Francisco Javier e outros

944

Total

367

0536310NG2703N

Mallo Hermida, Eladino

355

Total

371

0438511NG2703N

Rodríguez García, Juan e outros

286,16

Parcial

373

0438513NG2703N

Barreiro Abalde, herdeiros de María e outros

2371

Total

373-AR

0438513NG2703N-AR

Impacto, S.L.

0

Arrendatario

374

0438526NG2703N

Fernández Alonso, Adelaida

267,14

Parcial

375

0438514NG2703N

Pena Barreiro, María Mercedes

248

Total

376

0536308NG2703N

Costas Pérez, herdeiros de Adelina

228

Total

377

0536307NG2703N

Costas Pérez, Carmen

239

Total

378

0536306NG2703N

Costas Pérez, Jaime

237

Total

379

0536305NG2703N

Costas Pérez, herdeiros de Cándido

298

Total

380

0536304NG2703N

Oitabén Abalde, María Amparo

810

Total

382

0437901NG2703N

Fernández Fernández, Ventura

469

Total

383

0437902NG2703N

Costas Fernández, Carlos

489

Total

383-AR

0437902NG2703N-AR

JCDECAUX (Avenir)

0

Arrendatario

384

0437903NG2703N

Villa González, Vanesa

483

Total

386

0437905NG2703N

Concello de Vigo

492

Total

388

0536325NG2703N

Concello de Vigo

80

Total

390

0536312NG2703N

Abalde Ulla, Encarnación Hros.de

278

Total

393

0536315NG2703N

Bautista Araújo, María del Carmen e outros

240

Total

394

0536316NG2703N

Abalde Pintos, Emilio Cisneros e outros

1.217

Total

395

0536317NG2703N

Bautista Araújo, María del Carmen e outros

44

Total

399

0536324NG2703N

Concello de Vigo

132

Total

401

0535801NG2703N

Costas Pérez, herdeiros de Adelina

35

Total

402

0535802NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

763

Total

403

0536321NG2703N

Álvarez Abalde, herdeiros de Elvira

472

Total

403-AR

0536321NG2703N-AR

Exterion Media Spain, S.A.

0

Arrendatario

406

0535819NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

586

Total

407

0535818NG2703N

Alonso Vidal, María del Carmen

141

Total

408

0535817NG2703N

Descoñecido

592

Total

416

0535807NG2703N

Fernández da Cruz, Desiree

103

Total

417

0535808NG2703N

Bautista Araújo, María del Carmen e outros

123

Total

418

0535809NG2703N

Bautista Araújo, María del Carmen e outros

119

Total

419

0535810NG2703N

Bankia, S.A.

540

Total

422

0535814NG2703N

Ferreiro García, María Concepción

697

Total

423

0535813NG2703N

Suárez Costas, María Victoria

208

Total

423-AR

0535813NG2703N-AR

JCDECAUX (Avenir)

0

Arrendatario