Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61294

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR811A).

Conforme o establecido no artigo 25 da Orde do 24 de maio de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de acción humanitaria no exterior e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, contía e finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea do 3 de agosto de 2021, de conformidade coa Orde do 24 de maio de 2021 (DOG núm. 108, do 9 de xuño), para a execución de seis proxectos de acción humanitaria no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de trescentos oitenta e seis mil setecentos sesenta e cinco euros con noventa céntimos (386.765,90 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO

Axudas para proxectos de acción humanitaria no exterior

Nº de expediente

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención solicitada

Subvención proposta

PR811A 2021-6

Médicos del Mundo

Reforzo da prestación de servicios de atención médica no Estado de Jonglei, Sudán do Sur, mediante a mellora das infraestruturas básicas de saúde e do acceso á asistencia sanitaria nos distritos de Bor South, Duk e Twic East

73.762,67

70.000,00

70.000,00

PR811A 2021-9

Asamblea de Cooperación pola Paz

Mellorar o dereito a unha alimentación adecuada, un medio de vida digno e á resiliencia de mulleres refuxiadas, desprazadas, retornadas ou acollidas no departamento de Ouallam (rexión de Tillabéri, Níxer)

74.368,54

70.000,00

70.000,00

PR811A 2021-1

Farmacéuticos Mundi (Farmamundi)

Construír resiliencia entre a poboación refuxiada congolesa de Kyaka II (Uganda) baixo un enfoque integral da saúde que considera as cuestións de xénero e promove a protección

73.700,00

70.000,00

70.000,00

PR811A 2021-8

Fundación Entreculturas-Fe y Alegría

Implementación dunha resposta integral á COVID-19 para fortalecer o sistema de saúde e previr a propagación do virus entre a poboación refuxiada e comunidade de acollida no distrito de Adjumani, Uganda

99.903,37

68.965,90

68.965,90

PR811A 2021-4

ONG Rescate Internacional

Educación en emerxencia e asistencia sanitaria á población refuxiada siria (rexistrados e non rexistrados no ACNUR) afectada pola COVID-19 en catro asentamentos informais: Ale Askar, Al Louis, Al Maïs e Al Sarout

41.858,65

37.800,00

37.800,00

PR811A 2021-2

Asociación AIDA, Ayuda, Intercambio y Desarrollo

Atención sanitaria de pacientes en situación de vulnerabilidade en resposta á crise sanitaria (Guinea Bissau)

74.320,14

70.000,00

70.000,00

Total

386.765,90

386.765,90