Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61289

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación, e se procede á súa convocatoria para o ano 2021 (código de procedemento PR803D).

Conforme o establecido no artigo 24 da Orde do 17 de xuño de 2021 pola que se aproban as bases reguladoras da concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, para a execución de proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos polos axentes de cooperación e se procede á súa convocatoria para o ano 2021, unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas, con indicación das entidades beneficiarias, a contía e a finalidade.

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por Resolución do director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea, do 27 de setembro de 2021, posteriormente rectificada o 30 de setembro de 2021, de conformidade coa Orde do 17 de xuño de 2021 (DOG núm. 121, do 28 de xuño) para a execución de vinte e seis (26) proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán as organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD), por un importe global de catro millóns cincocentos cincuenta e catro mil douscentos setenta e dous euros con sesenta e seis céntimos (4.554.272,66 €), nas contías, beneficiarios e finalidade que se relacionan no anexo I, e dous (2) proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior que executarán outros axentes de cooperación (universidades, sindicatos, empresas ou organizacións empresariais e comunidades galegas no exterior) por un importe total de trescentos corenta e nove mil novecentos noventa e cinco euros con vinte e seis céntimos (349.995,26€), respondendo a súa distribución aos beneficiarios, contías e aplicacións orzamentarias que se relacionan no anexo II.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Jesús Gamallo Aller
Director xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

ANEXO I

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polas organizacións non gobernamentais de cooperación para o desenvolvemento (ONGD)

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total 2021

Total 2022

Subvención concedida

PR803D 2021-23

Solidariedade Internacional de Galicia

Impulsando medios de vida resilientes que contribúen ao benestar de mulleres e homes da microbacía La Joya no departamento de Morazán, O Salvador

231.083,10

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-25

Fundación Balms para la Infancia

Mellora das condicións de vida para a ampliación das capacidades e as liberdades das persoas mediante un proceso de participación cidadá e comunitaria con enfoque de xénero no distrito municipal Santiago Oeste, asociado IDI República Dominicana. Fase II

200.761,14

69.988,36

104.982,55

174.970,91

PR803D 2021-26

Fundación Ayuda en Acción, en agrupación con Anfaco

Promoción do emprendemento e empregabilidade con equidade para a recuperación de medios de vida sustentables, seguridade alimentaria e sanitaria nas familias das organizacións de pesca artesanal e acuicultura na Baía de Sechura, Piura, Perú

238.044,20

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2021-9

Fundación Fabre

Produción sustentable de alimentos nutritivos, en 10 comunidades vulnerables e rurais dos municipios de Tacaná e Tajumulco, San Marcos, Guatemala. Fase de seguimento

215.001,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-29

Fundación InteRed

Comunidades rurais e “bateyanas” impulsando a desnaturalización e prevención do matrimonio infantil e unións temperás, desde o enfoque de interseccionalidade, en 3 municipios das provincias de Santo Domingo e San Cristóbal, República Dominicana

184.211,67

69.999,74

104.999,61

174.999,35

PR803D 2021-40

Médicos del Mundo

A poboación do posto administrativo de Infulene mellora o acceso e o coñecemento a servizos públicos de calidade de saúde sexual e reprodutiva (SSR) no contexto da pandemia de COVID-19, Mozambique

184.289,96

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-44

Farmacéuticos Mundi

Prevención da incidencia da COVID-19 entre a poboación máis vulnerable, con accións e estratexias preventivas e de vixilancia epidemiolóxica, incluentes, equitativas e articuladas coas comunidades no municipio de Prinzapolka, RACCN, Nicaragua

207.258,44

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-28

Fundación Ayuda en Acción


Mulleres rurais do corredor seco de Nicaragua aumentan a produción e comercialización, ante os efectos da COVID-19 e o cambio climático

235.115,62

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-34

Arquitectura sin Fronteras

Proxecto KLOB’ L T’E YAB’ IL (prevención da enfermidade) para garantir as condicións esenciais de resposta, en materia de gobernanza, hábitat (auga e saneamento) e hixiene, fronte á COVID- 19, cunha visión de recuperación e impacto a longo prazo, na comunidade Mam Cajolá, formada por 267 familias indíxenas, na súa maioría nais solteiras e viúvas, do departamento de Retalhuleu, Guatemala

198.539,40

69.992,00

104.988,00

174.980,00

PR803D 2021-13

Fundación Humanitaria de los Rotarios Españoles

Fortalecida a rede de saúde pública do distrito municipal nº 8 (Plan 3000), Santa Cruz de la Sierra, Bolivia

178.993,28

58.567,18

87.850,77

146.417,95

PR803D 2021-42

Asamblea de Cooperación pola Paz, en agrupación con Agareso

Promover o acceso a un hábitat seguro e sustentable, e mellorar os mecanismos locais de defensa e protección dos DDHH e das mulleres que mitiguen os impactos da COVID-19 nas comunidades de Cubana, La Balsa y Olivares, municipio Ramón Santana, provincia San Pedro de Macorís, República Dominicana

251.132,64

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2021-30

Arquitectura Sin Fronteras, en agrupación con Proyde

Proxecto Q’ AQ’ IQ’ (espírito vital) para garantir as condicións que permitan que os nenos e a xuventude de 10 escolas de educación primaria e un instituto de educación secundaria de Retalhuleu, Guatemala, volvan ás aulas e a unha contorna de aprendizaxe propicia que teña en conta a súa saúde e o seu benestar psicosocial, tras o peche dos centros educativos pola pandemia da COVID-19

247.521,30

89.992,00

134.988,00

224.980,00

PR803D 2021-45

Asamblea de Cooperación pola Paz, en agrupación con Agareso

Mellorar as capacidades técnicas, materiais e o posicionamento social do sector pesqueiro artesanal, e a súa cadea de valor, desde un enfoque sustentable e inclusivo, O Salvador

242.766,01

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2021-35

Asociación Amigos da Terra

Mellora do exercicio dos dereitos das mulleres co acceso á xustiza de xénero, a soberanía alimentaria e o empoderamento económico no Corpus e Namasigüe (Honduras)

218.875,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-6

Solidaridad por el Desarrollo y la Paz

Acceso sustentable á auga potable e soberanía alimentaria para familias indíxenas Ch´ orti´ priorizadas da Rexión VIII, Guatemala

70.768,22

59.985,56

0,00

59.985,56

PR803D 2021-24

Fundación Educación y Cooperación

Empoderamento económico e exercicio de dereitos de mulleres rurais organizadas de Santa María de Pantasma, Nicaragua

189.500,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-38

Fundación Taller de Solidaridad, agrupada con Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Mitigación do impacto socioeconómico da crise provocada pola COVID 19 en familias dedicadas ao turismo rural comunitario e a artesanía téxtil na provincia de Quispicanchi, Cusco-Perú

280.000,00

90.000,00

135.000,00

225.000,00

PR803D 2021-32

Asociación Amigos da Terra

Fortalecemento da sustentabilidade económica, social, ambiental e tecnolóxica do sector apícola, agrícola e acuícola en Chinandega, Nicaragua

199.908,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-15

Fundación Vicente Ferrer

Protección do dereito das comunidades vulnerables do distrito de Anantapur (India) a unha atención sanitaria de calidade, fronte á COVID-19 ou outras emerxencias sanitarias, cun enfoque de protección dos dereitos sexuais e reprodutivos e de redución da pegada de carbono

506.047,92

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-39

Solidariedade Internacional de Galicia

Fortalecemento das capacidades individuais e colectivas de resposta e protección ás mulleres e defensoras e á nenez fronte ás violencias, potenciando o seu benestar, autonomía e liderado desde o enfoque da cosmovisión maia, na rexión Norte, Occidente e Centro de Guatemala

194.235,10

69.883,76

104.825,63

174.709,39

PR803D 2021-12

AIDA, Ayuda, Intercambio y Desarrollo

Educación básica de calidade, equitativa e integral a través da mellora dunha rede de escolas comunitarias na zona fronteiriza do NE de Guinea Bissau

184.268,90

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-20

Fundación Balms para la infancia, en agrupación con Fundación CUME para el desarrollo de culturas y pueblos

Mulleres e adolescentes empoderadas para a transformación das desigualdades de xénero nos distritos de Andahuaylillas, Huaro, Urcos e Ocongate da provincia de Quispicanchi- Cusco, Perú

175.643,57

57.379,06

86.068,59

143.447,65

PR803D 2021-43

Médicos del Mundo

Fortalecemento das capacidades técnicas e materiais da Facultade de Ciencias Médicas da UNAH de Honduras para unha adecuada sensibilización e formación en saúde sexual e reprodutiva

139.367,78

52.898,22

79.347,34

132.245,56

PR803D 2021-37

Movimiento por la Paz, el Desarme y la Libertad, MPDL

Fortalecemento de redes de apoio para a prevención e protección contra a violencia de xénero no contexto COVID-19, Guatemala

157.902,45

59.018,43

88.527,65

147.546,08

PR803D 2021-46

Fundación FABRE

Mellorada a saúde e hixiene de 3 comunidades aimarás rurais do municipio de Calamarca, a través do acceso á auga potable desde o enfoque de xénero en desenvolvemento, Bolivia

229.345,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

PR803D 2021-11

Fundación Entreculturas Fe y Alegría

Nenos, nenas e adolescentes de 7 comunidades vulnerables do Salvador exercen o seu dereito unha educación de calidade con equidade de xénero en resposta á emerxencia educativa provocada pola COVID-19

199.687,39

69.996,08

104.994,13

174.990,21

Total

5.560.267,09

1.857.700,39

2.696.572,27

4.554.272,66

ANEXO II

Axudas para proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior a executar polos outros axentes de cooperación

Nº expte.

Entidade solicitante

Denominación do proxecto

Orzamento total

Subvención concedida

Total 2021

Total 2022

Total

PR803D 2021-31

Fundación Mujeres

Kuri Muru: promovendo o desenvolvemento socioeconómico do cantón de Ambato, Tungurahua, baixo un enfoque de xénero, Ecuador. Fase 2

200.620,63

69.998,10

104.997,16

174.995,26

PR803D 2021-3

Fundación Galicia Innova

Saúde comunitaria, produción de alimentos e recuperación da economía familiar en comunidades de bosque afectadas pola pandemia e a crise alimentaria e económica derivada, na sub-bacía do río Chipilico, Piura, Perú, no marco dos proxectos Progebosque I e II

195.000,00

70.000,00

105.000,00

175.000,00

Total

395.620,63

139.998,10

209.997,16

349.995,26