Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Mércores, 15 de decembro de 2021 Páx. 61340

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

ACORDO do 2 de decembro de 2021, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019, pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o 2 de decembro de 2021 o tribunal nomeado pola Orde do 14 de setembro de 2020 (DOG núm. 188, do 16 de setembro), encargado de cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 001 do grupo IV de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia,

ACORDOU:

Primeiro. De conformidade co disposto na base II.1.1.2 da convocatoria que regula o segundo exercicio do proceso selectivo, non o supera ningunha das persoas aspirantes. Polo que procede declarar deserto o proceso selectivo ao non superar a fase de oposición ningunha das persoas aspirantes.

Segundo. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2021

Rubén Plaza Martínez
Presidente do tribunal