Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61739

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 19 de novembro de 2021, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se fai pública a transmisión da titularidade dos parques de cultivos mariños números 898 e 899, situados na zona marítimo-terrestre do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Mediante este anuncio faise público que coa Resolución da Xefatura Territorial de Vigo da Consellería do Mar, do 18 de novembro de 2021, se autorizou a transmisión da titularidade dos establecementos de acuicultura que se describen:

Establecemento 1:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 898 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 50,93 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Establecemento 2:

Tipo de establecemento: parque de cultivos mariños.

Identificación e localización: parcela número 899 dos planos anexos ao documento de revisión dos parques de moluscos do Carril, termo municipal de Vilagarcía de Arousa.

Superficie: 73,49 m2.

Data da resolución do outorgamento: 29.3.2019 (DOG núm. 76, do 22.4.2019).

Remate da vixencia: 23.4.2029.

Especies autorizadas: ameixa fina (Ruditapes decussatus), ameixa babosa (Venerupis corrugata), ameixa xaponesa (Ruditapes philippinarum), berberecho (Cerastoderma edule) e berberecho birollo (Cerastoderma glaucum).

Tipo de transmisión: inter vivos.

Actual titular: Óscar Rodríguez Ferreira (***6563**).

Nova titular: Encarnación Elvira Valle Martínez (***4699**).

A nova titular subrógase no prazo, nos dereitos e nas obrigas do anterior.

Condicións particulares baixo as que se autoriza a transmisión da titularidade: a nova titular deberá achegar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, o orixinal ou copia cotexada do documento notarial da transmisión e o xustificante da liquidación do imposto de transmisións patrimoniais ou de sucesións e doazóns.

Vigo, 19 de novembro de 2021

Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo