Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Xoves, 16 de decembro de 2021 Páx. 61766

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lalín

ANUNCIO da convocatoria, polo procedemento ordinario mediante oposición libre, para a selección de tres (3) prazas da categoría de policía local como funcionarios de carreira e unha (1) praza mediante concurso por mobilidade.

Mediante a Resolución da Alcaldía do 10 de decembro de 2021 aprobáronse as bases reguladoras do proceso de selección para o nomeamento en propiedade polo procedemento ordinario mediante oposición libre de tres (3) prazas da categoría de policías locais como funcionarios de carreira do Concello de Lalín, e unha (1) praza mediante concurso por mobilidade.

As solicitudes para tomar parte neste proceso selectivo faranse mediante instancia dirixida ao alcalde, presentada no Rexistro Xeral do Concello ou ben na sede electrónica deste concello (https://lalin.sedeelectrónica.gal), en que se fará constar que se reúnen todos e cada un dos requisitos establecidos na base segunda desta convocatoria, durante o prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da presente convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As bases íntegras atópanse publicadas na sede electrónica do Concello de Lalín (https://lalin.sedeelectrónica.gal), no taboleiro de anuncios do Concello, e na web municipal (www.lalin.gal), onde se publicarán os sucesivos anuncios desta convocatoria.

Lalín, 10 de decembro de 2021

Xosé Crespo Iglesias
Alcalde