Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Venres, 17 de decembro de 2021 Páx. 61845

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ORDE do 30 de novembro de 2021 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo e se convocan para o ano 2022 (código de procedemento MT815A).

A Lei 42/2007, do 13 de decembro, do patrimonio natural e da biodiversidade, a través do seu artigo 54.6 habilita as administracións públicas a establecer pagamentos compensatorios por razóns de conservación polos danos ocasionados polas especies de fauna silvestre.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, de acordo co establecido no Decreto 42/2019, do 28 de marzo, polo que se establece a súa estrutura orgánica, ten atribuídas, entre outras, as competencias en materia de conservación, protección, uso sustentable, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia e dos seus elementos etnográficos, e a súa preservación para as xeracións futuras e, entre elas, o desenvolvemento de medidas e instrumentos de seguimento, protección, control e conservación dos elementos que compoñen a biodiversidade.

O Plan de recuperación do oso pardo (Ursus arctos L.) en Galicia, aprobado mediante o Decreto 149/1992, do 5 de xuño, inclúe entre os seus obxectivos de conservación o de optimizar a política de compensación socioeconómica nas comunidades rurais dos sectores oseiros e, máis concretamente, establecer un sistema áxil de pagamento de indemnizacións por danos. Co obxectivo de minorar a conflitividade social naquelas zonas en que a presenza do oso pardo se viu incrementada nos últimos anos, cómpre establecer un mecanismo de axudas para paliar os danos ocasionados por esta especie que complemente o mecanismo de axudas para a prevención destes danos.

O réxime xeral das axudas e subvencións nas administracións públicas establécese nas disposicións básicas da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A nivel regulamentario, a norma principal constitúea o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Esta orde cumpre coas exixencias da citada normativa.

En virtude do anterior, en concordancia co disposto no artigo 27.15 do Estatuto de autonomía e en uso das atribucións que me confire o artigo 34 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia,

DISPOÑO:

Artigo 1. Obxecto e principios de aplicación

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas destinadas a compensar as persoas titulares de explotacións gandeiras polos danos ocasionados polo oso pardo, así como proceder á súa convocatoria para o ano 2022 (código de procedemento MT815A).

2. Estas axudas tramitaranse en réxime de publicidade, transparencia, concorrencia obxectividade, igualdade e non discriminación, con eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados e eficiencia na asignación e utilización dos recursos públicos. Así mesmo, resultarán de aplicación os preceptos da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 2. Ámbito temporal

As axudas a que se refire esta orde comprenden os danos ocasionados polo oso pardo que se produzan desde o 1 de outubro de 2021 ata o 30 de setembro de 2022.

Artigo 3. Persoas beneficiarias

1. Poderán ser beneficiarias as persoas titulares de explotacións gandeiras que figuren incluídas no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (REGA) de Galicia.

2. No caso de danos ás colmeas, estas deberán cumprir cos requisitos establecidos en materia de rexistros, identificación e programas de control e vixilancia de enfermidades obrigatorios, de acordo coa normativa de aplicación.

3. No resto dos casos, deberase cumprir cos requisitos sanitarios establecidos nos programas de control, vixilancia e erradicación de enfermidades que poden afectar as especies gandeiras, así como estar identificado, de acordo coa normativa de aplicación.

Artigo 4. Requisitos exixibles ás persoas beneficiarias

As persoas beneficiarias deberán cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e non estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no seu artigo 10.

Artigo 5. Comunicación do dano

No prazo máximo de tres (3) días desde que se produza o dano, as persoas beneficiarias deberán poñelo en coñecemento da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mediante unha chamada, no horario hábil, ao teléfono 012, en que se lles facilitará unha chave que servirá para acreditar a chamada e identificar o expediente.

O horario hábil de atención telefónica é desde as 8.00 ata as 20.00 horas, de luns a venres, e desde as 8.00 ata as 17.30 horas, os sábados.

Para os danos constatados entre as 17.30 horas dos sábados e as 8.00 horas dos luns, a comunicación da constatación do ataque realizarase nas vinte e catro horas seguintes contadas desde as 20.00 horas do domingo.

Non se poderá manipular o escenario para así non obstaculizar o labor do persoal da escala de axentes facultativos ambientais que se desprace ao lugar para valorar os feitos e elaborar a correspondente acta. Para isto, tomaranse as medidas oportunas para evitar, no posible, a alteración do escenario, evitando en todo caso o traslado de elementos do lugar dos feitos.

Os animais feridos poderán ser atendidos por persoal veterinario coa menor manipulación posible co obxecto de non entorpecer o labor investigador.

Artigo 6. Comprobación do dano

Recibida a comunicación do dano, o persoal da escala de axentes facultativos ambientais comprobará os feitos e as circunstancias dos danos, elaborará a correspondente acta e dará traslado do resultado da comprobación ao Servizo de Patrimonio Natural da Xefatura Territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano.

Artigo 7. Contía da axuda

1. O importe das compensacións dos danos establecerase en función das contías recollidas no anexo I desta orde.

2. No caso de feridas ocasionadas ao gando que non causen a súa morte, a valoración será a que resulte dos gastos veterinarios resultantes pola cura, tratamento e medicamentos, sempre e cando a contía resultante non supere o importe establecido no anexo I.

Cando os animais feridos sexan varios exemplares, admitiranse facturas conxuntas do servizo veterinario en se que relacione o gasto veterinario de xeito individual para cada un dos animais feridos, con referencia á súa idade e á súa identificación individual, de ser o caso.

Admitiranse facturas do servizo veterinario en que os gastos conxuntos non veñan especificados de xeito individual por cada un dos animais feridos. Neste caso, os gastos por animal serán cuantificados dividindo o importe total destes entre o número de animais afectados.

No caso de animais que, tras o tratamento prescrito, morran como consecuencia das feridas producidas, a axuda poderá superar o límite das contías previstas no anexo I desta orde. Nestes casos a axuda estimarase en función das contías previstas no anexo I desta orde por animal, máis os gastos veterinarios producidos e acreditados ata un máximo do 10 % das ditas contías.

No caso de reses afectadas que sobrevivan e, como consecuencia, sufran un aborto e así se acredite mediante certificación veterinaria, a cantidade compensatoria por cada aborto corresponderá ao 50 % do valor da clase e idade máis baixa, segundo as contías previstas no anexo I desta orde. No caso de parto múltiple, compensarase por cada un dos animais abortados.

3. Os gastos de eutanasia producidos e acreditados serán compensables ata un importe máximo por animal de 78 €. A eutanasia realizarase de forma regrada e será prescrita e efectuada por persoal veterinario, co fin de evitar ao animal sufrimento grave e irremediable ou afección grave.

4. A contía das axudas está condicionada, en todo caso, á existencia de dispoñibilidade orzamentaria.

Artigo 8. Compatibilidade

As axudas previstas nesta orde serán compatibles con outras subvencións de calquera outra Administración pública para as mesmas finalidades, sempre e cando a suma das subvencións concedidas non supere o importe total dos gastos conforme o establecido no artigo 17.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 9. Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as persoas autónomas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. As solicitudes dirixiranse á xefatura territorial da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano.

4. A solicitude da axuda, segundo o anexo II desta orde (código de procedemento MT815A), inclúe as seguintes declaracións da persoa ou entidade solicitante:

a) Declaración do total das solicitudes de axudas solicitadas ou concedidas, para o mesmo fin, das distintas administracións públicas.

b) Declaración da conta para a transferencia bancaria.

c) Declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e non ter pendentes de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

d) Declaración de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, nin en ningunha das situacións previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. A solicitude para ser persoa beneficiaria da axuda levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na súa solicitude. Non obstante, as persoas ou entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións, cando concorra algunha das circunstancias previstas na alínea d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 10. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e dos rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 11. Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo II) a seguinte documentación complementaria:

a) No suposto de actuar por representación, acreditación da persoa representante que asine a solicitude, por calquera medio válido en dereito.

b) No caso de animais feridos ou da aplicación da eutanasia, factura dos gastos veterinarios, de acordo co establecido no artigo 7.

c) No caso de explotacións apícolas:

1º. Copia da folla correspondente do caderno de explotación apícola e de transhumancia para a comprobación da obriga establecida no artigo 6 do Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e se regula un programa nacional de loita e control das doenzas das abellas do mel.

2º. De ser o caso, certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a el en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

3º. De ser o caso, certificación da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia que acredite que a persoa solicitante pertence a ela en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha destas persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Artigo 12. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa solicitante.

c) DNI ou NIE da persoa representante.

d) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria (AEAT).

f) Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Facenda da Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Inscrición no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras de Galicia.

h) No caso de danos ao gando, identificación da res afectada e estado sanitario.

i) No caso de danos a explotacións apícolas, inscrición no Rexistro da explotación, declaración censual anual obrigatoria e comunicación de asentamentos, e cumprimento da obriga de ter realizado polo menos un tratamento ao ano fronte á varroase.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

4. Segundo o establecido no artigo 50.d) da Lei 3/2021, do 28 de xaneiro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021, referente á simplificación da acreditación do cumprimento das obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma, a Administración do Estado e a Seguridade Social, a obriga de presentar a certificación que acredite o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituído pola declaración responsable da persoa solicitante de estar o día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma no caso das axudas que se concedan con carácter de compensación ou indemnización.

Artigo 13. Notificación

1. As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

2. A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel) no formulario. No caso de optar pola notificación en papel, practicarase a notificación segundo o establecido na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. De conformidade co artigo 45.2 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, as notificacións electrónicas practicaranse mediante a comparecencia na sede electrónica da Xunta de Galicia e a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal. Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

No caso de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar en todo caso, no formulario, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

4. As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio, ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

5. Se o envío da notificación electrónica non é posible por problemas técnicos, practicarase a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Prazo de presentación de solicitudes

Os prazos de presentación da solicitude de axuda serán os seguintes:

a) Para os danos que fosen comunicados aos servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda entre o 1 de outubro de 2021 e a data de publicación desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado a partir da entrada en vigor desta orde.

b) Para os danos ocasionados desde a entrada en vigor desta orde, o prazo de presentación será de 1 mes contado desde o día seguinte ao da comunicación do dano realizado de acordo co establecido no artigo 5 desta orde.

Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.

Artigo 15. Procedemento de concesión

1. A concesión das axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo tramitarase en réxime de concorrencia.

2. O procedemento de concesión iniciarase coa presentación da solicitude de axuda.

3. De conformidade co establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e tendo en conta o carácter compensatorio que presentan as axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo, exceptúase expresamente o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes que reúnan os requisitos establecidos nesta orde.

4. Estas axudas tramitaranse mediante o procedemento abreviado ao abeiro do artigo 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 16. Tramitación

1. As solicitudes remitiranse ás xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda da provincia en que se produza o dano. Os servizos de Patrimonio Natural das xefaturas territoriais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda examinarán e revisarán a documentación achegada que se especifica no artigo 11 desta orde.

2. No caso de que fosen detectados erros ou omisións, os servizos de Patrimonio Natural requirirán a persoa e/ou entidade solicitante para que, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de recepción do requirimento, emende ou complete a solicitude, coa indicación de que, se non o fai así, se terá por desistida da súa petición logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

3. Sen prexuízo do disposto no parágrafo anterior, en calquera fase do procedemento anterior á proposta de resolución poderáselle requirir á persoa solicitante que achegue a información e documentación complementaria que se considere conveniente para a correcta definición, avaliación e comprobación da solicitude presentada.

4. Os servizos de Patrimonio Natural, con base na acta de comprobación do dano, emitirán unha certificación co resultado da valoración das solicitudes presentadas que remitirán á Dirección Xeral de Patrimonio Natural xunto coa documentación que sexa necesaria para que esta continúe coa súa tramitación.

5. Unha vez recibida a certificación e a documentación, a Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, como órgano instrutor, realizará as propostas de resolución das solicitudes á Dirección Xeral de Patrimonio Natural ata esgotar o crédito consignado para o efecto.

Artigo 17. Resolución e recursos

1. De conformidade co establecido no artigo 7 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a competencia para a concesión das axudas reguladas nesta orde correspóndelle á persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. A resolución que poña fin ao procedemento será motivada con suxeición ao establecido nas bases reguladoras desta orde.

2. O prazo máximo para resolver será de tres meses contados desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación das solicitudes. Transcorrido o prazo sen que se dite resolución expresa, as persoas solicitantes poderán entender desestimada a súa solicitude, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e no artigo 23.5 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. A resolución ditada, segundo o disposto no número 1 deste artigo, porá fin á vía administrativa e contra ela poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a persoa titular da Consellería Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, no prazo dun mes a partir da notificación da resolución, ou ben impugnala directamente diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses se a resolución é expresa, de acordo co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

4. En ningún caso se concederán aboamentos á conta ou pagamentos anticipados.

Artigo 18. Aceptación da axuda concedida

O outorgamento da subvención debe ser aceptado polas persoas ou entidades interesadas que fosen propostas como beneficiarias no prazo máximo de dez (10) días desde a súa notificación, coas condicións específicas recollidas nesta orde. No caso de que a persoa ou entidade beneficiaria non comunique a súa aceptación dentro do prazo indicado, considerarase que se entende tacitamente aceptada a axuda concedida.

Artigo 19. Transparencia e bo goberno

1. Deberá darse cumprimento ás obrigas de transparencia contidas no artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e no artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias de subvencións están obrigadas a subministrar á Administración, ao organismo ou á entidade das previstas no artigo 3.1 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, a que se atopen vinculadas, logo de requirimento, toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 20. Publicidade

1. No prazo máximo de tres meses contados desde a data de resolución das concesións, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación de subvencións concedidas, con indicación da norma reguladora, persoa beneficiaria, crédito orzamentario, contía e finalidade da subvención.

2. Non obstante o anterior, cando os importes das subvencións concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación das subvencións concedidas na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.

Artigo 21. Rexistro Público de Subvencións

1. A concesión das axudas reguladas nesta orde será obxecto de inscrición no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, co fin da ordenación e coñecemento da actividade subvencionable en Galicia.

2. As persoas interesadas terán, en calquera momento, o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición dos seus datos que figuren no Rexistro Público de Subvencións, de conformidade co establecido na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

3. A solicitude para ser entidade beneficiaria das axudas incluídas nesta orde levará implícita a autorización, no suposto de que se lle conceda a axuda solicitada, para a inscrición, no Rexistro Público de Axudas, Subvencións, Convenios e de Sancións dependente da Consellería de Facenda, dos datos facilitados á Xunta de Galicia na solicitude. Non obstante, as entidades solicitantes poderán denegar expresamente o seu consentimento á inscrición dos seus datos no Rexistro Público de Subvencións cando concorra algunha das circunstancias previstas na letra d) do número 2 do artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

Artigo 22. Pagamento

1. O pagamento corresponderase co importe da axuda aprobada.

2. Para o pagamento da axuda será imprescindible que as persoas beneficiarias estean ao día nas súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social e que non teñan pendente de pagamento ningunha outra débeda por ningún concepto coa Administración pública da Comunidade Autónoma. De acordo co establecido no artigo 12, o órgano xestor das axudas poderá obter dos organismos competentes as citadas certificacións.

3. O pagamento das axudas efectuarase mediante transferencia na conta bancaria indicada na solicitude.

Artigo 23. Crédito orzamentario

1. Esta convocatoria de axudas tramítase de acordo co establecido no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, no cal se regula a tramitación anticipada de expedientes de gasto. Por iso, a súa eficacia queda condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente nos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o próximo ano 2022, no momento da resolución.

2. As axudas concedidas ao abeiro desta orde serán financiadas pola Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.541B.470.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2022. O importe asignado é de sesenta mil euros (60.000 €).

3. O importe consignado, así como a aplicación a que se impute, poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para os efectos. En todo caso, a concesión das axudas estará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución da concesión.

4. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda poderá aumentar o orzamento dispoñible para o financiamento desta orde, cando o incremento derive:

a) Dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.

b) Da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.

c) No suposto previsto no artigo 25.3 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

5. As solicitudes que non se poidan conceder por falta de dispoñibilidade orzamentaria atenderanse con cargo á convocatoria do ano seguinte, de se producir.

Artigo 24. Disposicións xerais

1. O réxime de infraccións e sancións aplicable será o establecido no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente doutras outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión, de acordo co disposto no artigo 17.4 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

3. As persoas ou entidades beneficiarias están obrigadas a someterse ás actuacións de comprobación e control que poidan efectuar os servizos competentes da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, así como a facilitar toda a información que lles sexa requirida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, así como a que lles requira calquera órgano comunitario de inspección ou control, de acordo co establecido no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

4. Procederá a revogación das axudas concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia dos xuros de demora, de acordo co establecido no artigo 36 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, nos casos e termos previstos no seu artigo 33.

Disposición adicional única. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde.

Así mesmo, deléganse na persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural as facultades relativas aos procedementos de reintegro sinaladas no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición derradeira primeira. Desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Patrimonio Natural para que dite, no ámbito das súas competencias, as instrucións necesarias para o cumprimento do establecido nesta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2021

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANEXO I

Pagamentos compensatorios polos danos ocasionados polo oso pardo

Colmeas

Dano considerado

Elemento

Descrición

Prezo unitario (€)

Dano en colmea completa

(Se o conxunto da colmea non é recuperable)

Niño sen alza

1 caixón + 10 cadros + 10 láminas + base + tapa + entretapa + táboa de voo

58,24

Niño + media alza

2 caixóns + 18 cadros + 18 láminas + base + tapa + entretapa + táboa de voo

75,00

Niño + alza

2 caixóns + 20 cadros + 20 láminas + base + tapa + entretapa + táboa de voo

91,52

Dano parcial en colmea

Trobo

Estrutura

10,40

Niño de cría

Non se inclúen os cadros

17,68

Media alza

Non se inclúen os cadros

12,48

Alza

Non se inclúen os cadros

18,72

Cadro

Non se inclúe a lámina de cera

Máximo 9 (por media alza) -10 (por alza)

1,20

Medio cadro

Non se inclúe a lámina de cera

Máximo 9 (por media alza) -10 (por alza)

1,04

Láminas de cera

1 cadro

0,94

Medio cadro

0,78

Base

1 por colmea

12,48

Tapa

1 por colmea

10,40

Entretapa

1 por colmea

4,16

Táboa de voo

1 por colmea

1,30

Piqueira

1 por colmea

0,78

Excluidor de raíñas

Material: plástico

1 por colmea

4,16

Material: madeira/metal

1 por colmea

8,32

Alimentador

Circular

3,12

«NICOT» (cubre cadro)

14,56

Portaenxames

15,60

Cadros de portaenxames

3,12

Colector de pole

15,00

Dano en enxame

Enxame completo

1 por colmea. Se a colmea é recuperable non se valora o enxame porque se supón que a raíña está viva e pode seguir vivo o enxame

88,40

Dano en mel

Agricultura Ecolóxica de Galicia

Valorarase unha produción media de 27 kg de mel por colmea

(nº colmeas × 27 kg × prezo unitario)

12,48

Identificación Xeográfica Protexida Mel de Galicia

Valorarase unha produción media de 27 kg de mel por colmea

(nº colmeas × 27 kg × prezo unitario)

10,40

Resto de produción

Valorarase unha produción media de 27 kg de mel por colmea

(nº colmeas × 27 kg × prezo unitario)

6,24

Dano en cera

Valorarase 3 kg/ano por colmea

Nº colmeas × 3 kg × prezo unitario

10,40

Dano en pole

Agricultura Ecolóxica de Galicia/Identificación Xeográfica Protexida Mel de Galicia

Valorarase unha produción media de 2 kg por colmea

(nº colmeas × 2 kg × prezo unitario)

20,80

Resto de produción

Valorarase unha produción media de 2 kg por colmea

(nº colmeas × 2 kg × prezo unitario)

14,56

Dano en própole

Valorarase 0,5 kg/ano por colmea

Nº colmeas × 0,5 kg × prezo unitario

168,48

Gando bovino

Clase e idade

Prezo unitario (€)

Raza Rubia

Galega

Prezo unitario (€)

Outras razas autóctonas(1)

Prezo unitario (€)

vacún leiteiro

Prezo unitario (€) reses de gando vacún

Lucro cesante carne (femias)

(€)

Lucro cesante leite (femias)

(€)

Becerro < 2 meses

339

400

266

266

Becerro ≥ 2 meses e < 4 meses

426

509

339

339

Becerro ≥ 4 meses e < 6 meses

710

923

623

623

Becerro ≥ 6 meses e < 1 ano

732

964

644

644

Vacún ≥ 1 ano e < 2 anos

977

1.278

1.065

853

Vacún ≥ 2 anos e < 6 anos

1.211

1.871

1.613

1.211

88,51

1.261

Vacún ≥ 6 anos e < 9 anos

968

1.331

888

888

88,51

1.261

Vacún ≥ 9 anos

581

725

485

485

88,51

1.261

(1) Outras razas bovinas autóctonas de Galicia: Cachena, Caldelá, Vianesa, Limiá e Frieiresa.

Gando ovino/cabrún

Clase e idade

Prezo unitario (€) Calidade normal

Prezo unitario (€)

Calidade selecta(2)

Lucro cesante carne (femias)

(€)

Lucro cesante leite (femias)

(€)

Ovino

Cordeiro < 12 meses

70

89

Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos

115

125

11,73

134

Adulto ≥ 6 anos

26

31

Cabrún

Cabrito < 12 meses

74

110

Adulto ≥ 12 meses e < 6 anos

103

132

6,45

203

Adulto ≥ 6 anos

26

31

(2) Razas de ovino-cabrún incluídas no Catálogo oficial de razas de gando de España (anexo I do Real decreto 2129/2008, do 26 de decembro, polo que se establece o Programa nacional de conservación, mellora e fomento das razas gandeiras) ou calquera outra raza de ovino-cabrún de liña pura.

Gando porcino

Clase e idade

Prezo unitario (€)

Raza Celta

Leitón < 3 meses

91

Porco ≥ 3 meses e < 6 meses

152

Porco ≥ 6 meses e < 9 meses

202

Porco da ceba ≥ 9 e < 12 meses

303

Porco da ceba ≥ 12 meses

384

Reprodutoras

364

Reprodutora preñada

404

Reprodutor

455

Gando equino/asnal/mular

Clase e idade

Prezo unitario (€)

Pura Raza Galega

Prezo unitario (€) Outros

Equino

Poldro < 2 meses

220

176

Poldro ≥ 2 meses e < 4 meses

287

220

Poldro ≥ 4 meses e < 6 meses

400

333

Poldro ≥ 6 meses e < 1 ano

600

501

Equino ≥ 1 ano e < 2 anos

640

546

Equino ≥ 2 anos e < 10 anos

800

600

Equino ≥ 10 anos

600

453

Asnal

Asnal < 1 ano

61

Asnal ≥ 1 ano e < 10 anos

202

Asnal ≥ 10 anos

152

Mular

Mular < 1 ano

101

Mular ≥ 1 ano e < 10 anos

303

Mular ≥ 10 anos

227

Herba

Tipoloxía

Prezo unitario (€)

Rolo de herba completo

31,20

Plástico envolvente do rolo de herba

10,40

missing image file
missing image file
missing image file